CONQUISTAMOS ESTE ANACO DE TERREO DO MUNDO VIRTUAL PARA AMOSARVOS A ACTIVIDADE DA NOSA BIBLIOTECA,PORQUE AINDA QUE SOMOS CATIVOS DE IDADE,NON NOS DÁ MEDO NINGÚN COMEZAR AVENTURAS E NON HAI VIAXE MÁIS ALUCINANTE QUE O QUE COMEZA NAS LIÑAS DOS LIBROS. AGARDAMOS ENGANCHARTE¡¡¡¡¡
miércoles, 16 de diciembre de 2015
miércoles, 9 de diciembre de 2015
CARTA ÓS REIS MAGOS
Esta semana estamos a escribir a carta ós reis magos. Nela os alumnos de infantil escriben o seu nome, pintan ós reis magos e buscan no catálogo de xoguetes un xogo que lle van pedir ás súas maxestades. Os de primaria escriben a carta enteira e logo pegan a foto do que van pedir.
Logo doblámola e xa está lista para metela no buzón!!!!
Logo doblámola e xa está lista para metela no buzón!!!!
ÉRASE UNHA VEZ UN CONTO MUSICAL
O 15 de outubro asistimos como tódolos anos ó concerto do Auditorio: Érase unha vez un conto musical.
Desfrutamos a road movie "O xigante", unha fiestra que amosa a fantástica viaxe que é medrar, todo elo acompañado da música de Nani García. Seguidamente, a Banda Municipal de Música xunto con Paula Carballeira agasalláronnos cun conto musical: "A familia dos instrumentos" que traballaramos con antelación na clase de música.
martes, 8 de diciembre de 2015
A ranita e a gran folla
Nesta ocasión simplemente reproducimos un conto sobre as charcas: La ranita y la gran hoja de Miss Rossi, Cuéntame un cuento. Visualizámolo e representamos as escenas cuns debuxos moi chulos.
jueves, 26 de noviembre de 2015
Magosto: Pasabodegas
Este ano festexamos o magosto facendo o Pasabodegas por Sarandón. Consistiu en ir a 3 adegas da zona e realizar diferentes actividades en cada unha de elas.
Na primeira desfrutamos da actuación dun contacontos gracias á editorial Vicens-Vives a cargo de "Keliña":
Na primeira desfrutamos da actuación dun contacontos gracias á editorial Vicens-Vives a cargo de "Keliña":
Na segunda adega desfrutamos da actuación da Requinta da Laxeira e o seu "O galo canta".
E xa na terceira merendamos castañas asadas.
CONTO MAGNÉTICO DA VENDIMA
Dado o éxito do ano pasado do conto magnético, este ano aproveitamos a ocasión de celebrar a vendima nas nosas escolas para elaborar, inventar e representar un conto magnético da vendima en cada unha das escolas do CRA:
Libro viaxeiro 2015-16
Un curso máis estamos a levar a cabo as actividades da mochila viaxeira, que irá cada semana para a casa de cada alumno e así poder desfrutar de contos diferentes dos que dispoñen na súa aula, e a maleta viaxeira, que estará na biblioteca de aula de cada escola durante un mes.
Ademáis destas actividades tamén estamos a realizar o libro viaxeiro, que nesta ocasión está adicado as charcas. Éste ano os nosos alumnos inventarán un conto no que eles sexan os protagonistas xunto co animal da charca que escollan.
lunes, 25 de mayo de 2015
VISITA FALADORIÑA
Ademáis do taller de serigrafía, para celebrar a semana do libro e as letras galegas, tivemos a visita de Isabel Pichel, unha moza de Lestedo que publicou un comic moi chulo co que nos ensina a como coidar a voz¡¡¡ Foi moi divertido e aprendimos un cento de cousas. Gracias mil¡¡¡
A ILUSTRACIÓN: Taller de serigrafía
Co gallo da semana do libro e máis das Letras Galegas, decidimos invitar ao noso cole a Isa Alvela, unha diseñadora grafica nada en Vedra que fai uns meses foi a ilustradora dun libro titulado "Cantando coa lúa e as estrelas". Con ela fixemos un taller de serigrafía moi chulo. Ollade canto aprendimos¡¡¡¡
jueves, 21 de mayo de 2015
Día das letras galegas
Este ano para festexar o día das letras galegas inventamos uns pequenos cómics.
Empregamos a páxina www.rexito.es e no apartado "cómics" inventamos un diferente en cada escola.
- San Fins: http://www.rexito.es/comics/para-ninos/a-bolboreta-rosa/
- Camporrapado: http://www.rexito.es/comics/para-ninos/o-raposo-e-a-volvoreta-que-van-a-lua/
Empregamos a páxina www.rexito.es e no apartado "cómics" inventamos un diferente en cada escola.
Aquí deixo os enlaces de cada un deles:
- San Xián primaria: http://www.rexito.es/comics/para-ninos/A-ra-perdida/
- San Xián infantil: http://www.rexito.es/comics/para-ninos/aMOR-NO-ESPACIO/
- Sarandón: http://www.rexito.es/comics/para-ninos/Tigroso
- Camporrapado: http://www.rexito.es/comics/para-ninos/o-raposo-e-a-volvoreta-que-van-a-lua/
miércoles, 6 de mayo de 2015
A nena e o grilo no país das apertas
O mércores 29 de abril volvemos visitar a fundación ABANCA para desfrutar doutra obra musical sobre o conto: A nena e o grilo no país das apertas.
Así, acompañados por Magín Blanco, vimos e escoitamos os contos e cancións que foron traballados na clase de música.
jueves, 23 de abril de 2015
Día do libro!!!
Este ano para festexar o día do libro decidimos elaborar un conto magnético.
Cada escola elexiu unha paisaxe e logo debuxou as personaxes para dita paisaxe. Plastificámolo e usando Blu tack conseguimos que as personaxes se peguen en calquera lugar da paisaxe, creando así un conto diferente cada vez.
miércoles, 22 de abril de 2015
Canta a lúa coas estrelas: Isabel Albela
A semana pasada contamos coa visita de Isabel Albela, a ilustradora do conto Canta a lúa coas estrelas.
E o quitar a plantilla...listo!
Finalmente pintamos os nosos debuxos mentras escoitábamos as cancións do conto:
Explicounos cómo fai as serigrafías e cómo fixo para ilustrar o conto:
E logo fixemos a proba para elaborar as nosas serigrafías:
Primeiro botamos pintura:
Logo extendímola:
Finalmente pintamos os nosos debuxos mentras escoitábamos as cancións do conto:
Moitas gracias Isabel!!!!
lunes, 13 de abril de 2015
O noso: Misterio na horta
A semana pasada limos o conto Misterio na horta da editorial Kalandraka e modificámolo! Inventamos unha nova historia a partires deste conto e logo debuxámolo!
miércoles, 8 de abril de 2015
lunes, 23 de marzo de 2015
O SENTIDO DO OLFATO E DO GUSTO
Esta semana levamos a levar a cabo o taller olfativo e gustativo.
Para facelo collimos sustancias que se poidan ulir e probar, concretamente: allo, anís, menta, café descafeinado, canela e limón exprimido:
O primeiro que fixemos foi ulilos para coñecer cada un deles:
Logo probámolos para coñecer cómo saben:
E finalmente tapamos os ollos para recoñecelos. Un a un fumos ulindo os frascos e decindo o que pensabamos que era, para logo poñer a etiqueta có seu nome diante e ver así cantos acertamos:
Ata semana que virá o sentido do tacto¡¡¡¡¡
TALLER SENSORIAL DA SORDEIRA
Para rematar có taller sensorial da sordeira, contamos coa visita dun papá do CRA que coñece a lingua de signos.
Comezou presentándose en lingua de signos:
Comezou presentándose en lingua de signos:
Falounos de distintos aspectos da vida dunha persoa sorda como por exemplo que poden bailar igual que as persoas ointes mediante a vibración dos sons, e fixemos a proba: poñer música no móvil e percibir a súa vibración:
Aprendimos as tres formas de comunicación: lectura labial (probando a entender o que dicimos sin falar só movendo os labios), lingua de signos ( aprendimos a decir nomes de animais, días da semana, números...)
E explicounos o sistema dactilolóxico, có que pintamos os signos do noso nome:
E probamos a decir cómo nos chamamos:
Con esta visita aprendimos a coñecer un pouco máis ás persoas sordas e polo tanto foi un luxo poder contar con ela! Por iso: Moitas, moitas gracias Alex!!!
O SENTIDO DO OIDO
Esta semana estamos a levar a cabo a segunda parte do taller sensorial, adicado á sordeira.
Para comezar explicamos cómo se produce á audición:
Falamos de que hai diferentes grados de pérdida auditiva, das causas (como os ruidos moi altos e que polo tanto hai que tomar medidas como empregar cascos):
Comentamos os aspectos a ter en conta como: non falar de espaldas ó neno sordo, non tapar a boca ó falar e facelo despacio para que poida facer unha lectura labial. Polo que fixemos a proba. articulamos palabras sen sonido para que adiviñaran o que decíamos!
Visualizamos un conto sen sonido para que viran que deste xeito non entendemos casi nada e así explicamos o uso de pictogramas e os subtítulos.
Coñecimos os audífonos (para persoas con restos auditivos) e os implantes cocleares (para os que non presentan restos de audición):
Así vimos un video da reacción dunha muller que escoitou a súa voz por primeira vez:
Tamén vimos os SUVAG que constan duns cascos e un micrófono para amplificar a nosa voz:
Coñecimos adaptacións para o fogar como un despertador lumninoso e un timbre luminoso:
E xa para rematar coñecimos a lengua de signos e aprendimos algun deles: