jueves, 30 de noviembre de 2017

A TARTARUGA TARATUGA (emoción: timidez)

 "La tortuga taratuga es tan tímida que parece muda", da editorial Fortuna, foi o conto escollido para traballar unha emoción social, a timidez, que afecta a moitos nenos e nenas e que por iso quixemos traballar. Primeiro limos o conto e comentámolo, para logo reproducilo entre todas as escolas do CRA.
   E éste é o resultado:

MOCHILA TEMÁTICA: ARTE

   Comeza a andar polo CRA a mochila temática, éste ano con contos sobre a arte, e que estará en cada unha das escolas 3 semanas.



jueves, 23 de noviembre de 2017

LISÍSTRATA: A HISTORIA EN FEMININO

   Os días 13, 14 e 15 de novembro contamos no CRA cunha actividade organizada pola Anpa: "A historia en feminino" contada por Ana Hermida da asociación Lisístrata.
   Có fin de traballar a concienciación na igualdade e a violencia de xénero veu a falarnos de diversas mulleres que o longo da historia que foron: científicas, guerreiras, inventoras, escritoras...
   Falounos de Irena sendler, enfermeira que axudou ós xudeos no gueto de Varsovia e tamén de mulleres que recibiron recoñecemento no mundo do deporte, aviación...Así como falar de diferentes inventos desarrollados por mulleres.





 

lunes, 6 de noviembre de 2017

Samaín

A semana pasada, có gallo do Samaín, limos o conto: "O noso samaín" da editorial Galaxia. Así coñecimos as orixes do Samaín: qué pobo o iniciou e cómo foi cambiando có paso de tempo.