Para logo volver a contar coa visita dun contacontos moi especial, Anxo Moure. Có que cantamos, bailamos e escoitamos contos variados. Ó remate deste contacontos o CRA agasallouno con dous "carballos con botas":
CONQUISTAMOS ESTE ANACO DE TERREO DO MUNDO VIRTUAL PARA AMOSARVOS A ACTIVIDADE DA NOSA BIBLIOTECA,PORQUE AINDA QUE SOMOS CATIVOS DE IDADE,NON NOS DÁ MEDO NINGÚN COMEZAR AVENTURAS E NON HAI VIAXE MÁIS ALUCINANTE QUE O QUE COMEZA NAS LIÑAS DOS LIBROS. AGARDAMOS ENGANCHARTE¡¡¡¡¡
jueves, 24 de mayo de 2018
EXCURSIÓN VÍA DA PRATA
Este martes fixemos unha saída para festexar o "Pico de maio". Comezamos a andaina na capilla do Santiaguiño e camiñamos uns 3 kms pola vía da prata ata o centro de interpretación do Pico Sacro de Lestedo. Alí, desfrutamos das lendas do Pico e o apóstolo Santiago da man do noso mestre Antonio:
lunes, 7 de mayo de 2018
CORTOS PIXAR: El Puente
Nesta semana estamos vendo dous cortos de Pixar para traballar as emocións. Un deles é "el puente" có que falamos sobre o enfado:
E despois de velo e falar sobre el, cada un fixo un debuxo de cousas que os enfadan:
CORTO DE PIXAR: PIPER
O outro corto é "Piper", có que traballamos o medo:
E logo de visualizalo e falar sobre el, cada alumno fixo un debuxo sobre cousas que lle dan medo:
E logo de visualizalo e falar sobre el, cada alumno fixo un debuxo sobre cousas que lle dan medo:
DÍA DO LIBRO
Este ano para festexar o día do libro, e dado que un dos temas sobre os que xira a biblioteca son os cómics, decidimos crear o noso propio cómic no que os protagonistas fosen @s nos@s alumn@s.
Deste xeito pensamos o argumento. Ocorréusenos a idea dos enfados á hora de xogar. Así, o cómic titúlase: "O importante non é gañar" e nel vese como os nenos dunha escola gañan sempre e rinse dos que perden. Ata que na última escola os nenos que perden danlle un bico e as gracias por ir xogar con eles, dándose así conta de que o importante é pasalo ben e facer novos amigos.

E para rematar, como cada ano, repartimos os marcapáxinas: