Pincha na imaxe para ver a selección de literatura infantil e xuvenil en galego elaborada pola asesoría de bibliotecas coas aportacións dos centros galegos.
CONQUISTAMOS ESTE ANACO DE TERREO DO MUNDO VIRTUAL PARA AMOSARVOS A ACTIVIDADE DA NOSA BIBLIOTECA,PORQUE AINDA QUE SOMOS CATIVOS DE IDADE,NON NOS DÁ MEDO NINGÚN COMEZAR AVENTURAS E NON HAI VIAXE MÁIS ALUCINANTE QUE O QUE COMEZA NAS LIÑAS DOS LIBROS. AGARDAMOS ENGANCHARTE¡¡¡¡¡
lunes, 18 de mayo de 2020
miércoles, 13 de mayo de 2020
LETRAS GALEGAS: RICARDO CARVAHLO CALERO
RECATALOGACIÓN E REUBICACIÓN DE FONDOS
Unha das principais tarefas que se levou a cabo este curso na biblioteca foi a recatalogación e reubicación de fondos. O cal implicou o peche da biblioteca central desde outubro ata a actualidade.
Neste proceso levouse a cabo en primer lugar o expurgo de fondos deteriorados e/ou desfasados. E posteriormente a recatalogación de toda a biblioteca e tellolado da mesma.
Anteriormente a nosa biblioteca estaba organizada por editoriais, na actualidade a distribución depende da tipoloxía textual, tomando como referencia os códigos da CDU. E a colocación nos andeis será por orde alfabético das tres primeiras letras do apelido do autor e tres primeiras letras do título.
Esta reorganización facilita a búsqueda de fondos e a diferenciación das funcións dos tipos de textos.
Outro dos elementos que introducimos na recatalogación foi a inclusión de materias, que nos permite unha búsqueda rápida de fondos por temática.
Estado actual da biblioteca
Neste proceso levouse a cabo en primer lugar o expurgo de fondos deteriorados e/ou desfasados. E posteriormente a recatalogación de toda a biblioteca e tellolado da mesma.
Anteriormente a nosa biblioteca estaba organizada por editoriais, na actualidade a distribución depende da tipoloxía textual, tomando como referencia os códigos da CDU. E a colocación nos andeis será por orde alfabético das tres primeiras letras do apelido do autor e tres primeiras letras do título.
Esta reorganización facilita a búsqueda de fondos e a diferenciación das funcións dos tipos de textos.
Outro dos elementos que introducimos na recatalogación foi a inclusión de materias, que nos permite unha búsqueda rápida de fondos por temática.
Estado actual da biblioteca
TRABALLO CO TEXTO NARRATIVO NAS AULAS
Pincha sobre a imaxe
Durante a corentena, na escola de Camporrapado, realizamos contadas a través de skype.
martes, 12 de mayo de 2020
lunes, 11 de mayo de 2020
DÍA DO LIBRO
Neste día do libro tan diferente tivo unha gran acollida a proposta
feita ás familias desde a biblioteca do centro. Premendo sobre a imaxe
poderedes desfrutar dos contos lidos pol@s compañeir@s de todo o Cra.
DÍA MUNDIAL DO TEATRO E DAS ARTES GALEGAS
O 27 de marzo
celébrouse o día internacional do teatro, e desde os equipos de dinamización da lingua galega
e biblioteca fixemos a seguinte proposta conxunta.
Achegamos un
documento co texto “As pitas baixo a choiva” de Ricardo Carvalho Calero, autor
homenaxeado este ano polo día das letras galegas. Este conto relata unha
vivenza do autor de cando era pequeno.
A proposta consistíu en que leran o conto e logo fixeran un pequeno
teatro de monicreques da parte do texto
onde Ricardo vai salvar ás pitas da choiva.
Achegamos un arquivo
anexo coas siluetas e as instrución de
montaxe da nosa proposta con imaxes de artistas galego. Facendo así un pequeno guiño ao día das artes galegas.
Obras seleccionadas
para os monicreques
1: “ A feiranta”
Luís Seoane (avoa)
2: “Florisel”
Laxeiro (Ricardo)
3: Peza de
Sargadelos (galo)
4:Peza de
Sargadelos (galiñas)
DÍA DA POESÍA
A proposta para realizar na casa no día da poesía foi o traballo de 3 retahílas.
A
retahíla é un tipo de poesía de tradición oral, rimada e cun ritmo moi
rápido.
Ten un carácter lúdico e son un bo recurso para traballar a fluidez verbal,
a imaxinación e a memoria.
Que actividades propuxemos para xogar con elas?
- Recitarlla varias veces
- Recitala en eco (recitar un verso e el@s repíteno)
- Recitar o principio do verso e que digan a palabra final, a rimada.
- Recitar un verso e que digan o seguinte.
- Recitala moi, moi despacio e ir incrementando a velocidade ata facelo rapidísimo.
- - Recitala saltando, ou poñendo os pelos de punta, tapando o nariz, saltando a comba,
inventando un xogo de palmas…
- Propuxémos gravar un audio recitándoas. E mandalo ao teléfono do cole.
- E gravar retahílas que coñezan e así poder facer unha colección.
Animámos a usalas para botar a sortes a quen lle toca face unha tarefa,
quen empeza un xogo….
Pincha sobre a imaxe
Outras actividades das escolas.
Nas escolas de Sergude e Camporrapado unímonos ao reto lanzado en instagram
pola biblioteca municiapal Anxel Casal elaborando desde as casas títulopoemas.
En Camporrapado tamén participamos na proposta de @poesiademergencia de convertirnos en lectores voluntarios de poesía, gravando colectivamente ao teléfono un poema de Antonio García Teijeiro.