lunes, 29 de marzo de 2021

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

O 27 de marzo conmemoramos o día Mundial do Teatro axudando á paiasa Gargallada a recuperar o seu sorriso xa que, non podía deixar de chorar porque, por mor da Covid-19, as actividades culturais están a mermar. Esperamos que a vós tamén vos saquemos un sorriso coas nosas actuacións circenses, cheas de malabaristas, forzudos e forzudas, paiasos e paiasas,... Que comece a función!!

http://rukutru.blogspot.com/2021/03/a-paiasa-gargalladas.html




lunes, 22 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA

 Has de cantar meniña gaiteira…has de cantar familia CRATECA.

Que fermosos son os poemas cantados, verdade?

Como ben sabedes, o 21 de marzo celebrouse o Día da poesía malia que, para nós, este xénero literario forma parte do día a día. Así, Neira Vilas e Rosalía de Castro foron uns dos protagonistas deste curso académico; as nosas aulas están cargadiñas dun fondo documental importante do que temos o privilexio de poder gozar.

Déixovos cun poema que inventamos na aula. Di así…

Has de cantar neniña e neniño,

Has de cantar escoliña de niño

Has de saber que neste CRA andamos a traballar o camiño.


Outras versións do poema  "has de cantar..."   podedes premer para escoitar.  

  
















lunes, 8 de marzo de 2021

Nós tamén o fixemos

Exeria, a peregrina que comparte connosco este curso, tivo a gran idea de propor unha actividade dedicada ao Día Internacional da Muller (8M). Así pois, grazas á implicación das familias das nosas escolas, coñecemos multitude de experiencias de mulleres que fixeron o Camiño de Santiago (dende os seus nomes até as anécdotas que lles aconteceron ao longo do percorrido). Con estas historias fomos quen de analizar como cambiaron as sociedades xa que, hoxe en día e a diferenza de hai anos, é posíbel observar a mulleres peregrinando soas. Este día vai por vós (mamás, mulleres, avoas, médicas, mecánicas, obreiras, mestras, dependentas....) porque o valedes! Grazas polo voso traballo, esforzo e dedicación. Grazas por ser únicas e invencibles. Con todas as andainas contadas fixemos unha exposición como moitos/as de vós puidestes ver nas nosas escolas. Dada que a nosa actuación foi excelente, acadamos o primeiro selo para a nosa CREDENCIAL. Estamos a piques de ser auténticos peregrinos! Ensínovos os fantásticos selos que creamos!