Comezamos na casa da cultura de Sarandón cun contacontos, Anxo Moure, có que desfrutamos dun conto sobre o respeto da natureza, do coidado dos montes e das árbores para evitar os lumes. Empregando marionetas e facendo participar ós nenos no conto fíxose moi ameno e divertido.
Logo do contacontos dirixímonos a unha adega para comer castañas e unha vez có bandullo cheo fumos a outra para facer unha xincana con diferentes xogos tradicionais.