lunes, 30 de octubre de 2017

PASABODEGUIÑAS 2017

   Un ano máis, para festexar o magosto, levamos a cabo o Pasabodeguiñas.
   Comezamos na casa da cultura de Sarandón cun contacontos, Anxo Moure, có que desfrutamos dun conto sobre o respeto da natureza, do coidado dos montes e das árbores para evitar os lumes. Empregando marionetas e facendo participar ós nenos no conto fíxose moi ameno e divertido.


 


   Logo do contacontos dirixímonos a unha adega para comer castañas e unha vez có bandullo cheo fumos a outra para facer unha xincana con diferentes xogos tradicionais.



jueves, 19 de octubre de 2017

SAÍDA Á SGAE

   Onte, mércores 18 de outubro, todo o CRA fixo unha saída á Fundación SGAE para desfrutar dunha obra de teatro de monicreques do grupo Larei Lará titulada GÜE, GÜE.
     Contaba a historia dunha nena pequena que non falaba ben (de ahí o nome da obra) e que non quería durmir, para conseguilo soñou con diferentes animais que ían aparecendo durante a actuación.






miércoles, 11 de octubre de 2017

miércoles, 4 de octubre de 2017

RECUNCHO EMOCIONAL

   Neste curso 2017-2018 a biblioteca xirará en torno a 3 temas: o arte, os cómics e as emocións.
Por ese motivo adicamos un recuncho da nosa biblioteca da sede a varios contos que versan sobre as emocións. Así facilitamos que todos os mestres os teñan a fácil disposición.



COMEZA A ANDAR A MALETA VIAXEIRA

   Un curso máis arrancou a actividade da maleta viaxeira, que consiste en escoller uns contos que traballen diferentes temas para que viaxe por cada escola do CRA durante un mes.