lunes, 11 de mayo de 2020

CAIXACONTO

Unha das propostas que iniciamos este curso e que continuará
 para o vindeiro son as "caixacontos"
É unha actividade de animación á lectura e de expresión oral.
Cada escola recibirá ao mes unha caixa cun conto e unha proposta
 manipulativa para poder representalo de maneira autónoma 
polos nenos/as. 

Estas son as caixas que están funcionando actualmente.

 "Un becho estraño"
Mon Daporta e Óscar Villán
Editorial Kalandraka
A actividade manipulativa consiste en montar o rato con troqueis
 de gomaeva mentras van contando conto.

 "Elmer"
David Mckee
Editorial Beascoa
 A actividade manipulativa consiste en colocar os cadradiños
de tea no corpo de Elmer.

 "Cocorico"
Marisa Núñez e Helga Bansch
OQO Editora 
A actividade manipulativa consiste en contar o conto con 
monicreques de  fieltro.

"Os tres porquiños"
Xosé Ballesteros e Marco Somá
Editorial Kalandraka
A actividade manipulativa consiste en representar o conto 
facendo uso das casiñas e os animais de  xoguete.

 "Madrechillona"
Jutta Bauer
Editorial Lóguez
A actividade manipulativa consiste en contar a historia 
nun fanelograma.
"A eiruga comellona"
Eric Carle
Editorial Kókinos
A actividade manipulativa consiste en ensartar o que vai 
comendo a eiruga nun pauciño mentras van contando o conto.


Algunhas imaxes do funcionamento das caixas nas escolas.
Pincha sobre as  imaxes 

https://www.instagram.com/explore/tags/caixacontocampo1920/

https://www.instagram.com/p/B8Pg9mDJrJC/?utm_source=ig_web_copy_link

No hay comentarios:

Publicar un comentario