O TEXTO POÉTICO

 Ao longo do cursos, a poesía está presente no día a día das nosas aulas a través do coñecementos de diferentes textos, identificación das partes, interpretación de significados, creación de versos,...






TEXTO DESCRIPTIVO

Nas escolas traballamos a descripción a través das personaxes dos contos, compañeiros e compañeiras, o/a encargado/a do día,...



domingo, 30 de mayo de 2021

TEXTO ENUMERATIVO: CALENDARIO DE SEMENTEIRA

 Antes de comezar coas tarefas da horta organizamos a sementeira, elaborando o noso calendario coa información recollida polo alumnado e a axuda das familias. 



O TEXTO INFORMATIVO: NOTA INFORMATIVA

Empregamos o texto informativo en diferentes ocasión para pedir colaboración ás familias, informar sobre o que estamos a facer na aula,....


Notas ás familias


 

O TEXTO NARRATIVO NAS AULAS



 Ao longo do curso realizamos diferentes traballos nas aulas con textos narrativos, onde non poden faltar as inumerables contadas diarias a partir das que realizamos diferentes actividades. 


Nunha das escolas estudiamos íntegramente as partes dun conto para poder crear nós un. Primeiro creamos os borradores e logo puxémonos mans a obra cos nosos contos.

BORRADORES


Estes son o producto final dos nosos CONTOS. Podedes premer no enlace para poder lelos.








domingo, 23 de mayo de 2021

As TIC no Camiño

Exeria segue a poñernos probas, desta vez da man do Equipo de Dinamización das TIC. Para superar esta nova proba tivemos que percorrer o Camiño de Santiago, dirixindo ao Rato Robot ata a Catedral de Santiago, pasando por diferentes puntos de interese (capela de Gundián, Fonte de Santiaguiño, Pico Sacro, Ponte Ledesma) e presando atención ás sinais. Outra proba superada, xa case temos a nosa credencial completa!

http://rukutru.blogspot.com/2021/05/as-tics-no-camino.html

martes, 18 de mayo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Hoxe conmemoramos o Día Internacional dos Museos. Apetéceche unha visita sen saír da casa? Sigue lendo para descubrir a nosa lista de museos virtuais. 

Museos de Galicia

Museo do Louvre

Museo Nacional de Historia Natural

Museo Nacional de Historia Americana

Galería Nacional de Londres

Museo Arqueolóxico de Madrid

Museo Nacional do Prado

Papalote Museo do Neno, propón un espazo virtual con actividades para os nenos e nenas. 

Desde o Museo Nacional de Australia, achégannos un catálogo de manualidades para facer na casa. 

A continuación deixamos a mostra dunha pequena investigación sobre xogos tradicionais que os nenos e nenas levaron a cabo coa visita virtual ao Mupega.


 


domingo, 16 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS

Ao longo da semana das Letras Galegas, adicada este ano a Xela Arias, as diferentes escolas desenvolveron varias propostas en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Deixamos mostra delo no seguinte enlace: 
                  https://rukutru.blogspot.com/2021/06/letras-galegas-2021.html
 


sábado, 15 de mayo de 2021

SEMANA DO LIBRO

O día 26 de abril conmemorouse o Día do Libro e, malia que a literatura está presente na nosa escola a cotío, quixemos realizar unha homenaxe especial.

Recibimos unha postal da, xa coñecida, peregrina Exeria, onde nos dicía que chegara a Santiago e, unha vez alí, rematara de ler o libro que a acompañara durante todo o traxecto; explicándonos os sentimentos que nela espertara esa lectura. E, para a nosa sorpresa, comunicounos que nos próximos días nos mandaría un agasallo ao centro:  nada menos que diferentes contos, con diferentes recursos materiais, para disfrutar deles e compartir co resto de escolas do CRA rotándoos. 

 Xa o recibimos! Con este material viña un mapa co nome e imaxe de todas as escolas para que nós deixáramos a nosa pegada explicando que nos facía sentir o conto. Deste xeito, cando os contos roten coñeceremos que lles suxeriu nas outras escolas, conectándose a través das maxia dos contos.

Os libros escollidos por Exeria foron: Elmer, Madrechillona, Cocorico, A Eiruga Comellona, Un becho extraño e Os tres porquiños.

                                   


E como non, non podemos rematar esta entrada sen un “colorín colorado o camiño foi acabado”.

TEXTO INFORMATIVO: O XORNAL


A semana do 8 ao 12 de marzo conmemoramos a semana da prensa, con unha proposta en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.  
                                     http://rukutru.blogspot.com/2021/05/semana-da-prensa.html
Neste caso, para superar a seguinte proba para completar a nosa credencial, a peregrina Exeria retounos a buscar novas relacionadas co Camiño de Santiago.