CONQUISTAMOS ESTE ANACO DE TERREO DO MUNDO VIRTUAL PARA AMOSARVOS A ACTIVIDADE DA NOSA BIBLIOTECA,PORQUE AINDA QUE SOMOS CATIVOS DE IDADE,NON NOS DÁ MEDO NINGÚN COMEZAR AVENTURAS E NON HAI VIAXE MÁIS ALUCINANTE QUE O QUE COMEZA NAS LIÑAS DOS LIBROS. AGARDAMOS ENGANCHARTE¡¡¡¡¡
lunes, 31 de mayo de 2021
O TEXTO POÉTICO
Ao longo do cursos, a poesía está presente no día a día das nosas aulas a través do coñecementos de diferentes textos, identificación das partes, interpretación de significados, creación de versos,...
TEXTO DESCRIPTIVO
domingo, 30 de mayo de 2021
TEXTO ENUMERATIVO: CALENDARIO DE SEMENTEIRA
O TEXTO INFORMATIVO: NOTA INFORMATIVA
O TEXTO NARRATIVO NAS AULAS
Ao longo do curso realizamos diferentes traballos nas aulas con textos narrativos, onde non poden faltar as inumerables contadas diarias a partir das que realizamos diferentes actividades.
domingo, 23 de mayo de 2021
As TIC no Camiño
martes, 18 de mayo de 2021
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
Hoxe conmemoramos o Día Internacional dos Museos. Apetéceche unha visita sen saír da casa? Sigue lendo para descubrir a nosa lista de museos virtuais.
Museo Nacional de Historia Natural
Museo Nacional de Historia Americana
Papalote Museo do Neno, propón un espazo virtual con actividades para os nenos e nenas.
Desde o Museo Nacional de Australia, achégannos un catálogo de manualidades para facer na casa.
A continuación deixamos a mostra dunha pequena investigación sobre xogos tradicionais que os nenos e nenas levaron a cabo coa visita virtual ao Mupega.
domingo, 16 de mayo de 2021
LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS
sábado, 15 de mayo de 2021
SEMANA DO LIBRO
O día 26 de abril conmemorouse o Día do Libro e, malia que a literatura está presente na nosa escola a cotío, quixemos realizar unha homenaxe especial.
Recibimos unha postal da, xa coñecida, peregrina Exeria, onde nos dicía que chegara a Santiago e, unha vez alí, rematara de ler o libro que a acompañara durante todo o traxecto; explicándonos os sentimentos que nela espertara esa lectura. E, para a nosa sorpresa, comunicounos que nos próximos días nos mandaría un agasallo ao centro: nada menos que diferentes contos, con diferentes recursos materiais, para disfrutar deles e compartir co resto de escolas do CRA rotándoos.
Xa o recibimos! Con este material viña un mapa co nome e imaxe de todas as escolas para que nós deixáramos a nosa pegada explicando que nos facía sentir o conto. Deste xeito, cando os contos roten coñeceremos que lles suxeriu nas outras escolas, conectándose a través das maxia dos contos.
Os libros escollidos por Exeria foron: Elmer, Madrechillona, Cocorico, A Eiruga Comellona, Un becho extraño e Os tres porquiños.
E como non, non podemos rematar esta
entrada sen un “colorín colorado o camiño
foi acabado”.
TEXTO INFORMATIVO: O XORNAL
A semana do 8 ao 12 de marzo conmemoramos a semana da prensa, con unha proposta en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.