sábado, 4 de diciembre de 2021

O TEXTO INFORMATIVO: O TRIPTICO

A nosa alumna de prácticas, Sofía, preparounos unha pequena charla sobre compostaxe na que tomou como texto de referencia o tríptico para que as ideas transmitidas quedaran claras.
 

Preme sobra a imaxe

O TEXTO EXPOSITIVO: PODCAST MICOLÓXICO

Tras realizar un taller micolóxico na escola de Camporrapado, puxemos algúns dos cogomelos que recolectamos en conserva e elaboramos podcast enlazados a través de códigos QR aos botes coa información que investigamos sobre os mesmos.
 

TEXTO EXPOSITIVO: O HERBARIO

Na escola de Camporrapado imos elaborar un herbario coas follas recollidas durante a saída de outono e outras que iremos deshidratando na nosa prensa de follas.


Preme sobre a imaxe




 

domingo, 28 de noviembre de 2021

jueves, 25 de noviembre de 2021

25N


 Este curso enfocamos o tratamento do 25N a través do traballo dos roles de xénero. Cada escola recibiu un conto selecionado polo equipo da bilblioteca, que lles permitiu introducir ou afondar nesta temática. 




Traballo da escola de Camporrapado
Preme sobre a imaxe


martes, 16 de noviembre de 2021

TRABALLANDO A ILUSTRACIÓN NA ESCOLA DE CAMPORRAPADO

Unha das actividades semanais que levamos a cabo na escola é o estudo das ilustracións dos contos. Traballamos os planos, as xestualidade facial e corporal, os tamaños como recurso narrativo, as liñas cinéticas... Tratamos de adquirir coñecementos que nos poidan ser útiles para elaborar as nosas propias produción, sendo a observación clave para elo.
 
Preme sobre a imaxe para obter máis información






 

USO DOS TEXTOS EXPOSITIVO DA AULA PARA OBTER INFORMACIÓN

 Consulta de textos expositivos aportados desde as casas.

Preme sobre a imaxe

Aprendemos a facer uso dos índices para axilizar a búsqueda de información.

Preme sobre a imaxe

Elección de libros para buscar información durante os roteiros no entorno

Preme sobre a imaxe

 Búsqueda de información sobre o hábitat de fauna autóctona e foránea

Preme sobre a imaxe
 
Preme sobre a imaxe
 
 
 Información previa á vendima
 
Preme sobre a imaxe

Neira vilas na escola de Camporrapado: "A pedra de facer sopa"

 

                                                                     Preme sobra a imaxe

Na escola de Camporrapado traballamos co conto "a pedra de facer sopa"

lunes, 15 de noviembre de 2021

NEIRA VILAS EN SERGUDE

Podemos dicir que o mes de novembro é o mes de Neira Vilas e, como non podía ser doutra maneira, nas diferentes escolas do CRA fanse moitas actividades ao redor da súa persoa e a súa obra. Concretamente na escola de Sergude escolleron o libro Cantos de sol a sol e centráronse no poema de Canta galiña. Leron o poema varias veces, sentiron o seu ritmo e xogaron a palmealo, escoitaron o poema musicado polo compositor Xosé Lueiro, debuxaron unha das súas estrofas e incluso se animaron a bailalo. Foi moi divertido!






 

domingo, 7 de noviembre de 2021

HORA DE LER

                                                         Preme sobre a imaxe para obter máis información

Aquí recollemos as lecturas semanais que levamos a cabo na escola de Camporrapado.

Todos os días da semana lemos un conto, dous días á semana poesía, outros dous texto expositivo e un  prensa. A maiores facemos as lecturas ás que nos leva o devir dos acontecementos diarios, case sempre aumentando as lecturas de texto expositivo para buscar información.

TEXTOS DE USO SOCIAL: O CARTEL

 En Camporrapado traballamso as propiedades do cartel (texto informativo) debido a unha necesidade xurdida na escola. Durante varias semanas apareceronos os xoguetes do areeiro tirados. Decidimos elaborar uns carteis para deixar claras as normas de uso dos mesmos.


Preme sobre a imaxe para obter máis información

jueves, 4 de noviembre de 2021

O ENGANO DA PANTASMA

Son tempos de Samaín. Tempos escuros, fríos e húmidos que se prestan a sentarse ao redor da lareira ou, de non ser posible, cerquiña do radiador, ven xuntiñ@s para entrar en calor, a contar historias arrepiantes. En Lestedo tomaron boa nota disto e decidiron crear o seu propio conto partindo das imaxes duns dados moi inspiradores. Foron achegando ideas entre todas e todos e de aí xurdeu a historia titulada O engano da pantasma. Traballaron arreo creando as personaxes, escribindo os textos , ilustrándoos, maquetándoos... O resultado final púxolles a tod@s os pelos de punta e sen dúbida ocupará un espazo moi importante na biblioteca de aula.














domingo, 31 de octubre de 2021

Samahin, a orixe celta do samaín

 

 Artigo no rukutru                                      Preme sobre a imaxe

viernes, 29 de octubre de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS E DÍA DAS BIBLIOTECAS

Os días 18 e 24 de outubro conmemóranse o Día das Escritoras e o Día das Bibliotecas respectivamente, así que pensamos que a mellor maneira de celebralos sería achegando unha selección da obra de diferentes autoras, a maior parte delas galegas, ás nosas escolas. Durante unha semana estivéronse a ler distintos libros e a traballar sobre as súas autoras coa intención de coñecelas un pouquiño máis, descubrindo información sobre as súas vidas que nos axudou a humanizalas, a comprender que detrás deses nomes hai persoas coma elas e eles, un pouquiño maiores iso si, que decidiron adicar as súas vidas a facer máis felices as dos demais a través das súas historias. Na escola de Camporrapado incluso conseguiron comunicarse con  Olaya Naveira a través do seu instagram para obter resposta sobre dúbidas que lles foron xurdindo ao traballar a súa obra.
Quen sabe se o feito de coñecer mellor a estas mulleres e a súa obra serve de inspiración para que nun futuro algunha das nosas alumnas ou alumnos se animan a converterse en grandes autoras ou autores. 
As autoras escollidas foron: Gloria Sánchez, Mª Fe Quesada, Iria Fafián, Concha Blanco, Olaya Naveira, Eva Mejuto, Fina Casalderrey, Teresa Lima, Patricia Castelao, Ana Carreira, Noemí López, Charo Pita, Fátima Afonso, Paula Carballeira, Blanca Millán, María Reimóndez, Vanesa Álvarez, Teresa Moure, Rosalía de Castro, Magdalena Matoso, Xoana Almar e María Canosa.
E estes foron os libros traballados divididos en lotes para as diferentes escolas:




Ademais, desde o CRA ampliamos o tempo de empréstito de biblioteca a todo o verán. Podedes achegarvos á biblioteca os 23, 24, 25, 28, 29 e 30 de 10 a 13h para escoller os que máis vos guste e desfrutar deles ata o comezo do vindeiro curso (do 1 ao 7 de setembro).


viernes, 18 de junio de 2021

EXTRA, EXTRA! ÚLTIMAS NOVAS

 O curso chega ao seu fin, e con el queremos dar mostra de todo o que fixemos en relación ao noso proxecto de centro sobre o Camiño de Santiago no seguinte telexornal e xornal escolar. 

                                                                        Bo Camiño!








miércoles, 9 de junio de 2021

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Exeria conseguiu chegar a Santiago e, para agradecernos a nosa axuda, enviounos postais dalgún dos lugares por onde pasou. Foi divertido xogar a localizalos nun mapa e descubrir así o traxecto que realizou. Ademais, aproveitamos a cercanía do 5 de xuño, Día mundial do Medio Ambiente, para reflexionar sobre a importancia das zonas verdes nas cidades e do seu coidado, do consumo de productos locais, ...

Eiquí podedes ver unha pequena mostra deste traballo.