CONQUISTAMOS ESTE ANACO DE TERREO DO MUNDO VIRTUAL PARA AMOSARVOS A ACTIVIDADE DA NOSA BIBLIOTECA,PORQUE AINDA QUE SOMOS CATIVOS DE IDADE,NON NOS DÁ MEDO NINGÚN COMEZAR AVENTURAS E NON HAI VIAXE MÁIS ALUCINANTE QUE O QUE COMEZA NAS LIÑAS DOS LIBROS. AGARDAMOS ENGANCHARTE¡¡¡¡¡
lunes, 5 de junio de 2023
DÍA DO MEDIO AMBIENTE
A profe Olalla realizou en todas as escolas un pequeno achegamento á catástrofe do Prestige, analizamos as súas causas e consecuencias, vimos como se organizaron os/as voluntarios/as e veciños/as das vilas para axudar no medio desa situación. Acompañala no recordo desa nefasta experiencia e escoitar o testimonio dunha voluntaria, fíxonos empatizar moito con elas, coa súa xente, e coa importancia de coidar e preservar o noso medio ambiente.
domingo, 4 de junio de 2023
martes, 30 de mayo de 2023
LETRAS GALEGAS 2023
Este curso, nas escolas do CRA homenaxeamos a Francisco Frenández del Riego facendo diversas actividades en colaboración co equipo de dinamización lingüística.
O noso lema foi "Conserva a túa lingua". Velaquí algunhas das propostas que levamos a cabo.
Preme sobre a imaxe
lunes, 29 de mayo de 2023
TEXTO INSTRUCTIVO: RECEITAS II
Na escola de Lestedo fixemos diferentes receitas ao longo do curso e aproveitamos para traballar as habilidades da vida diaria así como as propiedades do texto instructivo. Cociñamos magdalenas e flores de masa follada.
domingo, 28 de mayo de 2023
TEXTO INFORMATIVO: A NOTA
Ao longo do curso xurdiron diversas oportunidades nas que empregamos as notas como medio de comunicación coa nosa contorna. Como é un texto traballado todos os cursos, somos coñecedores das súas características, e do seu valor como medio para informar, solicitar información e /ou recibila.
Preme sobre a imaxe
jueves, 25 de mayo de 2023
MAPA CONCEPTUAL Salvador Dalí
O tema escollido no entroido do CRA este curso foi o das belas artes. Dentre deste amplo abano de oportunidades cada escola escolleu o tema que prefería traballar.
Na escola de Sergude escollimos a obra de Salvador Dalí. Para achegarnos a este famoso artista, fixemos unha pequena investigación, que sintetizamos nun mapa conceptual que recolle os datos mais relevantes sobre a súa vida e obra
TEXTO INFORMATIVO: A CARTA
Coa colaboración da mestra Olalla de educación física, veciña de Muxía, realizamos un traballo de concienciación medioambiental a través do achegamento ao desastre do Prestige no seu 20º aniversario.
A profe Olalla púxonos en contacto con varias persoas vinculadas a esta desgraza a través de videoentrevistas deseñadas polo alumnado. E conseguiunos cartas orixinais das que recibiron nas escolas de Muxía, polo que decidimos traballar este texto para poder escribir ao novo alumnado dos centros que sabemos está a traballar este tema. Tamén empregamos esta tipoloxía para agradecer a súa colaboración ás persoas entrevistadas.
TRABALLANDO O TEXTO INFORMATIVO: A INFOGRAFÍA
O produto final da investigación levada a cabo na escola de Sergude sobre a reciclaxe e a separación de residuos nos distintos colectores de lixo, foi unha infografía.
Preme na seguinte imaxe para ver os pasos levados a cabo no proceso de elaboración, ata a súa edición e posterior divulgación de cara á veciñanza.
VISITA DE EXPERTOS
Segundo os distintos proxectos de investigación que se foron desenvolvendo nas distintas escolas, nalgúns, precisouse a colaboración dalgún experto para dar luz e información sobre os temas a tratar.
Na escola de Sergude fixemos unha profunda investigación en canto ao tema da reciclaxe e a separación de residuos nos distintos colectores de lixo. O produto final da investigación foi unha infografía sobre o tema, pero foi clave a colaboración dun papá experto no tema.
Roteiro do alumnado de San Xián con axentes medioambientais.
Roteiro micolóxico coa nai de Mara
Preme na imaxe
TEXTO INFORMATIVO: O TRÍPTICO
Busca de información e elaboración dun tríptico sobre reciclaxe co obxectivo de informar ás familias sobre como empregar o punto limpo móbil que instalaron ao carón da escola.
Preme sobre a imaxe
Na escola de Lestedo tamén traballamos sobre o tríptico para informar ás familias sobre a maneira correcta de reciclar. Elaboramos un para levas ás nosas casas e así dispoñer da información dunha maneira concisa.
TEXTO INSTRUTIVO: RECEITAS DE SAMAÍN
Este curso todo o alumnado do Cra achegouse ao texto instrutivo a través de diferentes modelos desta tipoloxía textual: receita, experimentos, instrucións de montaxe de mobiliario e manualidades. O primeiro achegamento foi a través das receitas elaboradas para a merenda de Samaín nas diferentes escolas.