lunes, 5 de junio de 2023

RESVISTA ESCOLAR 2023

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 A profe Olalla realizou en todas as escolas un pequeno achegamento á catástrofe do Prestige, analizamos as súas causas e consecuencias, vimos como se organizaron os/as voluntarios/as e veciños/as das vilas para axudar no medio desa situación. Acompañala no recordo desa nefasta experiencia e escoitar o testimonio dunha voluntaria, fíxonos empatizar moito con elas, coa súa xente, e coa importancia de coidar e preservar o noso medio ambiente.

(premer na imaxe para mais información)



domingo, 4 de junio de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN


                                                                     Preme sobre a imaxe

martes, 30 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023


Este curso, nas escolas do CRA homenaxeamos a Francisco Frenández del Riego facendo diversas actividades en colaboración co equipo de dinamización lingüística. 

O noso lema foi "Conserva a túa lingua". Velaquí algunhas das propostas que levamos a cabo.

Premer na imaxe

                           


                                                                Preme sobre a imaxe

lunes, 29 de mayo de 2023

TEXTO INSTRUCTIVO: RECEITAS II

 Na escola de Lestedo fixemos diferentes receitas ao longo do curso e aproveitamos para traballar as habilidades da vida diaria así como as propiedades do texto instructivo. Cociñamos magdalenas e flores de masa follada.






domingo, 28 de mayo de 2023

TEXTO INFORMATIVO: A NOTA

 Ao longo do curso xurdiron diversas oportunidades nas que empregamos as notas como medio de comunicación coa nosa contorna. Como é un texto traballado todos os cursos, somos coñecedores das súas características,  e do seu valor como medio para informar, solicitar información e /ou recibila.

 

 


                                                                 Preme sobre a imaxe

jueves, 25 de mayo de 2023

MAPA CONCEPTUAL Salvador Dalí

O tema escollido no entroido do CRA este curso foi o das belas artes. Dentre deste amplo abano de oportunidades cada escola escolleu o tema que prefería traballar.

Na escola de Sergude escollimos a obra de Salvador Dalí. Para achegarnos a este famoso artista, fixemos unha pequena investigación, que sintetizamos nun mapa conceptual que recolle os datos mais relevantes sobre a súa vida e obra

Preme na imaxe para mais información


TEXTO INFORMATIVO: A CARTA

Coa colaboración da mestra Olalla de educación física, veciña de Muxía, realizamos un traballo de concienciación medioambiental a través do achegamento ao desastre do Prestige no seu 20º aniversario.

A profe Olalla púxonos en contacto con varias persoas vinculadas a esta desgraza a través de videoentrevistas deseñadas polo alumnado. E conseguiunos cartas orixinais das que recibiron nas escolas de Muxía, polo que decidimos traballar este texto para poder escribir ao novo alumnado dos centros que sabemos está a traballar este tema. Tamén empregamos esta tipoloxía para agradecer a súa colaboración ás persoas entrevistadas.


Premer sobre a imaxe


TRABALLANDO O TEXTO INFORMATIVO: A INFOGRAFÍA

 O produto final da investigación levada a cabo na escola de Sergude sobre a reciclaxe e a separación de residuos nos distintos colectores de lixo, foi unha infografía.

Preme na seguinte imaxe para ver os pasos levados a cabo no proceso de elaboración, ata a súa edición e posterior divulgación de cara á veciñanza.



VISITA DE EXPERTOS

 Segundo os distintos proxectos de investigación que se foron desenvolvendo nas distintas escolas, nalgúns, precisouse a colaboración dalgún experto para dar luz e información sobre os temas a tratar.


Na escola de Sergude fixemos unha profunda investigación en canto ao tema da reciclaxe e a separación de residuos nos distintos colectores de lixo. O produto final da investigación foi unha infografía sobre o tema, pero foi clave a colaboración dun papá experto no tema. 

Premer na imaxe

                                 

                                Roteiro do alumnado de San Xián con axentes medioambientais.

                                                                    Premer na imaxe


Roteiro micolóxico coa nai de Mara

Preme na imaxe

TEXTO INFORMATIVO: O TRÍPTICO

Busca de información e elaboración dun tríptico sobre reciclaxe co obxectivo de informar ás familias sobre como empregar o punto limpo móbil que instalaron ao carón da escola.

Preme sobre a imaxe


Na escola de Lestedo tamén traballamos sobre o tríptico para informar ás familias sobre a maneira correcta de reciclar. Elaboramos un para levas ás nosas casas e así dispoñer da información dunha maneira concisa.







SECCIÓNS TEMÁTICAS

                                                                         ENTROIDO

                                                                DÍA DA ILUSTRACIÓN

                                                                                 

                                                                                    PAZ

                                                              DÍA DA DIVERSIDADE



                                                            DEREITOS DA INFANCIA


                                                                                INVERNO

                                                                            OUTONO

TEXTO INSTRUTIVO: RECEITAS DE SAMAÍN

 Este curso todo o alumnado do Cra achegouse ao texto instrutivo a través de diferentes modelos desta tipoloxía textual: receita, experimentos, instrucións de montaxe de mobiliario e  manualidades. O primeiro achegamento foi a través das receitas elaboradas para a merenda de Samaín nas diferentes escolas.






Premer sobre as imaxes
 
 
 
Ao longo do curso na escola de Lestedo, abordamos o texto instructivo, en especial a receita, cociñando na aula e posteriormente traballando as propiedades do texto instructivo.
 


Na escola de San Xian , traballamos distintas receitas durante o curso, coas que elaboramos por exemplo, unha saborosa tarta de momias ou unhas galletas