martes, 4 de octubre de 2011

ABRIMOS UNHA NOVA VENTÁ¡¡¡¡

     

     Pois claro que sí¡¡¡¡ Como non iamos ter no CRA un blog dedicado en exclusiva á biblioteca, a ese curruncho das aulas e da sede nas que pasamos moito tempo contemplando bonitas imaxes, mergullándonos en hitorias incribles, escoitando lendas fantásticas,... E por iso que dende hoxe inaguramos o blogue bibliotecario do CRA e dado que como temos nada menos que oito bibliotecas de aula e unha grande na sede, e ademáis biblioteca mobil,..., decidimos chamarlle CRATECA, unha mistura entre biblioteca e cra.
     Aquí atoparedes información sobre actividades que estamos a levar a cabo, pero tamén intentaremos que sexa un sitio de encontro de páxinas de interese, vídeos, cancións,... que nos axuden entre todos/as a crear hábito de lectura entre os nosos nenos/as. Alá imos¡¡¡¡¡

"Lee e conducirás, non leas e serás conducido" Santa Teresa de Jesús