jueves, 23 de abril de 2015

Día do libro!!!



Este ano para festexar o día do libro decidimos elaborar un conto magnético. 
Cada escola elexiu unha paisaxe e logo debuxou as personaxes para dita paisaxe. Plastificámolo e usando Blu tack conseguimos que as personaxes se peguen en calquera lugar da paisaxe, creando así un conto diferente cada vez.






miércoles, 22 de abril de 2015

Canta a lúa coas estrelas: Isabel Albela

A semana pasada contamos coa visita de Isabel Albela, a ilustradora do conto Canta a lúa coas estrelas.


Explicounos cómo fai as serigrafías e cómo fixo para ilustrar o conto:


E logo fixemos a proba para elaborar as nosas serigrafías:


Primeiro botamos pintura:

Logo extendímola:

                                 
 E o quitar a plantilla...listo!


Finalmente pintamos os nosos debuxos mentras escoitábamos as cancións do conto:



Moitas gracias Isabel!!!!


lunes, 13 de abril de 2015

O noso: Misterio na horta

A semana pasada limos o conto Misterio na horta da editorial Kalandraka e modificámolo! Inventamos unha nova historia a partires deste conto e logo debuxámolo!