jueves, 25 de noviembre de 2021

25N


 Este curso enfocamos o tratamento do 25N a través do traballo dos roles de xénero. Cada escola recibiu un conto selecionado polo equipo da bilblioteca, que lles permitiu introducir ou afondar nesta temática. 




Traballo da escola de Camporrapado
Preme sobre a imaxe


martes, 16 de noviembre de 2021

TRABALLANDO A ILUSTRACIÓN NA ESCOLA DE CAMPORRAPADO

Unha das actividades semanais que levamos a cabo na escola é o estudo das ilustracións dos contos. Traballamos os planos, as xestualidade facial e corporal, os tamaños como recurso narrativo, as liñas cinéticas... Tratamos de adquirir coñecementos que nos poidan ser útiles para elaborar as nosas propias produción, sendo a observación clave para elo.
 
Preme sobre a imaxe para obter máis información






 

USO DOS TEXTOS EXPOSITIVO DA AULA PARA OBTER INFORMACIÓN

 Consulta de textos expositivos aportados desde as casas.

Preme sobre a imaxe

Aprendemos a facer uso dos índices para axilizar a búsqueda de información.

Preme sobre a imaxe

Elección de libros para buscar información durante os roteiros no entorno

Preme sobre a imaxe

 Búsqueda de información sobre o hábitat de fauna autóctona e foránea

Preme sobre a imaxe
 
Preme sobre a imaxe
 
 
 Información previa á vendima
 
Preme sobre a imaxe

Neira vilas na escola de Camporrapado: "A pedra de facer sopa"

 

                                                                     Preme sobra a imaxe

Na escola de Camporrapado traballamos co conto "a pedra de facer sopa"

lunes, 15 de noviembre de 2021

NEIRA VILAS EN SERGUDE

Podemos dicir que o mes de novembro é o mes de Neira Vilas e, como non podía ser doutra maneira, nas diferentes escolas do CRA fanse moitas actividades ao redor da súa persoa e a súa obra. Concretamente na escola de Sergude escolleron o libro Cantos de sol a sol e centráronse no poema de Canta galiña. Leron o poema varias veces, sentiron o seu ritmo e xogaron a palmealo, escoitaron o poema musicado polo compositor Xosé Lueiro, debuxaron unha das súas estrofas e incluso se animaron a bailalo. Foi moi divertido!






 

domingo, 7 de noviembre de 2021

HORA DE LER

                                                         Preme sobre a imaxe para obter máis información

Aquí recollemos as lecturas semanais que levamos a cabo na escola de Camporrapado.

Todos os días da semana lemos un conto, dous días á semana poesía, outros dous texto expositivo e un  prensa. A maiores facemos as lecturas ás que nos leva o devir dos acontecementos diarios, case sempre aumentando as lecturas de texto expositivo para buscar información.

TEXTOS DE USO SOCIAL: O CARTEL

 En Camporrapado traballamso as propiedades do cartel (texto informativo) debido a unha necesidade xurdida na escola. Durante varias semanas apareceronos os xoguetes do areeiro tirados. Decidimos elaborar uns carteis para deixar claras as normas de uso dos mesmos.


Preme sobre a imaxe para obter máis información

jueves, 4 de noviembre de 2021

O ENGANO DA PANTASMA

Son tempos de Samaín. Tempos escuros, fríos e húmidos que se prestan a sentarse ao redor da lareira ou, de non ser posible, cerquiña do radiador, ven xuntiñ@s para entrar en calor, a contar historias arrepiantes. En Lestedo tomaron boa nota disto e decidiron crear o seu propio conto partindo das imaxes duns dados moi inspiradores. Foron achegando ideas entre todas e todos e de aí xurdeu a historia titulada O engano da pantasma. Traballaron arreo creando as personaxes, escribindo os textos , ilustrándoos, maquetándoos... O resultado final púxolles a tod@s os pelos de punta e sen dúbida ocupará un espazo moi importante na biblioteca de aula.