domingo, 20 de enero de 2013

CONTO CHIRIVÍ DE BLANCANEVES

 
       Esta semana imos ver o conto chiriví de Blancaneves. Consiste en contar primeiro o conto lendo só as palabras entre paréntesis, xa que son as correctas, e unha vez rematado, leelo de novo pero esta vez dicindo só as palabras en maiúsculas que son os erros. 
       Así, os rapaces e rapazas teñen que decir qué é o que está mal. Recoméndase ir parando o conto en cada páxina para dar tempo ós nenos e nenas a pensar o que está mal e logo responder. 
        Esta actividade gústalles moito e pásano moi ben polo que podédelo facer tamén con calquera outro conto que teñades na casa. A desfrutar cós contos!!!

viernes, 23 de noviembre de 2012

Conto de nadal de Miliki

Como está moi preto o nadal...aquí vos deixamos un conto navideño de Miliki. Desfrutádeo!!

jueves, 25 de octubre de 2012


Un ano máis estamos levando a cabo as actividades da mochila viaxeira (na que cada neno leva para a casa unha serie de libros diferentes dos que teñen nas bibliotecas de aula) e a maleta viaxeira (nas fotos), que vai estar cada mes en cada unha das escolas do CRA.
Ademais destas dúas actividades realizaremos outras moitas que iredes coñecendo...