jueves, 1 de mayo de 2014

Mochila temática: os ríos

    O tema adicado á biblioteca este ano foron os ríos, de ahí que, como en anos anteriores, decidíramos elaborar unha mochila con diferentes contos sobre os ríos para levala de escola en escola cada semana. 
    Así, os nosos alumnos e alumnas desfrutan de novos contos á vez que aprenden sobre a vida dos ríos.






martes, 8 de abril de 2014

Conto de Pepe da Fontenla


Este conto foi inventado entre todas as escolas, logo debuxárono e finalmente grabámolo. Este é o resultado!!!

jueves, 27 de marzo de 2014

Fantasmín


A semana pasada fixemos a primeira representación có novo teatro. 
O conto que inventaron era sobre un fantasma que saiu dar un paseo polo bosque que estaba ó lado do seu castelo e perdeuse, asi que foi polo bosque preguntando ás demais personaxes si sabían por donde se ía ó castelo. E gracias a axuda prestada por todos, Fantasmín, conseguiu voltar á súa casa!!!





miércoles, 12 de febrero de 2014

Cómo fixemos un teatro

Primeiro collimos unha caixa e cortámola para facer a estructura:

















O segundo paso é pintala:





     

Escollemos as persoaxes, imprimímolas e pegámolas en depresores.





O seguinte paso foi pegalas con velcro na estructura





E rematado!!! Xa temos un teatro preparado para inventar unha chea de contos!!