Como cada ano, elaboramos os carnés da biblioteca para os/as novos/as alumnos/as de 3 anos do CRA.
CONQUISTAMOS ESTE ANACO DE TERREO DO MUNDO VIRTUAL PARA AMOSARVOS A ACTIVIDADE DA NOSA BIBLIOTECA,PORQUE AINDA QUE SOMOS CATIVOS DE IDADE,NON NOS DÁ MEDO NINGÚN COMEZAR AVENTURAS E NON HAI VIAXE MÁIS ALUCINANTE QUE O QUE COMEZA NAS LIÑAS DOS LIBROS. AGARDAMOS ENGANCHARTE¡¡¡¡¡
miércoles, 29 de octubre de 2014
miércoles, 22 de octubre de 2014
Libro viaxeiro 2014-2015
Este ano adicamos o noso libro viaxeiro ós distintos tipos de solo xa que o ano 2015 está adicado a eles e porque os proxectos do CRA xiran en torno ás hortas ecolóxicas.
Deste xeito os/as nosos/as alumnos/as levaranno para a súa casa e inventarán un pequeno conto que teña lugar no tipo de solo que escollan, xa que en cada libro aparecen diferentes solos.
Logo traerá o libro á escola para contarlle o conto que inventou ó resto da súa clase.
Audiocontos
Este ano, igual que os anteriores, tamén estamos a levar a cabo as actividades da maleta e mochilas viaxeiras, pero con unha novidade: metimos nas mochilas viaxeiras un CD con audiocontos para desfrutar de pequenos contos dun xeito diferente...
Fundación Xosé Neira Vilas
Comezamos o curso cun agasallo moi especial. A Fundación Xosé Neira Vilas fixo unha doación de 6 lotes de contos para os/as nosos/as alumnos/as, un lote para cada unha das escolas do CRA, dos que xa estamos a desfrutar.
Moitas gracias!!
domingo, 28 de septiembre de 2014
PARABENS MAFALDA¡¡¡
Non sei se o sabedes pero mañán a nosa querida Mafalda cumple nada máis e nada menos que 50 anos e no CRA tamén queremos celebralo así que imos facer algunha actividade para festexalo. Xa vos daremos conta no CRATECA das nosas argalladas.
viernes, 27 de junio de 2014
LEER NON TEN ÉPOCA¡¡¡
Non esquezas meter na túa maleta das vacacións, na túa mochila da praia ou no teu bolso do campamento un bo libro para leer, porque non hai maior aventura que a que vive nas páxinas.
BOA LECTURA VERANIEGA¡¡¡¡¡
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



