miércoles, 4 de marzo de 2015

Música para contos

    O pasado 6 de febreiro tódolos nenos do CRA fomos ao Auditorio de Santiago a ver e escoitar un concerto da banda municipal de Santiago titulado: Música para contos.
    A profe de música preparounos con antelación escoitando na clase algúns dos fragmentos musicais que iamos escoitar e falando dos contos aos que se lles compuxera esta música: Alladín, As viaxes de Gulliver e Tom Sawyer e Huckelberry Finn.
     Había unha sorpresa! Sabiamos que habería un narrador pero non quen era: Paula Carballeira!!!
     A banda interpretaba a música e Paula narraba os contos tan ben, tan ben que parecía que estabamos dentro das historias.
                                                            Unha marabilla!

miércoles, 3 de diciembre de 2014

O coello Puag

Como o tema da biblioteca deste ano son as hortas ecolóxicas... inventamos, debuxamos e gravamos este conto sobre un coello moi especial. Esperamos que vos guste...



domingo, 30 de noviembre de 2014

Conto sobre a diversidade

Esta semana vimos o conto: Por cuatro esquinitas de nada. Logo de velo falamos sobre as diferencias e de cómo poder axudar ás persoas "diferentes" que nos rodean.


miércoles, 12 de noviembre de 2014

O MAGOSTO NO CRA

Este ano festexamos o magosto de novo en Sarandón. O primeiro que fixemos foi desfrutar dunha actuación de CONTACONTOS que lle temos que agradecer á editorial Vicens-Vives e que estivo moi, moi ben! Pasámolo xenial escoitando os dous contos que nos representaron e quedamos con ganas de repetir!





E logo do Contacontos entregamos os premios aos gañadores do concurso de cabazas do Samaín! Uns contos super chulos tanto para os gañadores de infantil coma para os de primaria.







miércoles, 29 de octubre de 2014

Samaín - A aventura de Nera

Xa que estamos na semana do Samaín...aquí tedes un conto no que se explican algunhas cousiñas sobre esta festa.