lunes, 23 de marzo de 2015

PROXECTO SENSORIAL


   Dende a clase de AL estamos levando a cabo un proxecto sensorial para comprobar o valor que teñen os nosos sentidos,  que outras formas de leer hai, como se defende outra xente que carecen de algún deles e como nos libros podemos sentir moitísimas cousas


O primeiro taller que levamos foi sobre o sentido da VISTA.

Coñecimos cómo leen e escriben as persoas cegas, có Braille:









   


A máquina Perkins que empregan para escribir


Cómo se desprazan: 
 Os semáforos con pitido para que saiban que poden cruzar:

 Que na casa temos Braille nos medicamentos:

 Tamén nos ascensores:

 Cómo saben a hora que é, con este tipo de reloxos ou con outros que teñen voz e din a hora:

 Que poden andar en bici coma nós con un tandem:


E para rematar, tapamos os ollos e comprobamos o dificil que é pintar un debuxo sen ver nada. Só tocando o debuxo con relieve:







miércoles, 4 de marzo de 2015

Mochila temática


   Como en anos anteriores, éste tamén levaremos a cabo a mochila temática, que contén varios contos relacionados có tema da biblioteca deste ano: as hortas!
   Esta mochila viaxará de escola en escola cada 2 semanas para que todos os nenos teñan a oportunidade de velos!

Música para contos

    O pasado 6 de febreiro tódolos nenos do CRA fomos ao Auditorio de Santiago a ver e escoitar un concerto da banda municipal de Santiago titulado: Música para contos.
    A profe de música preparounos con antelación escoitando na clase algúns dos fragmentos musicais que iamos escoitar e falando dos contos aos que se lles compuxera esta música: Alladín, As viaxes de Gulliver e Tom Sawyer e Huckelberry Finn.
     Había unha sorpresa! Sabiamos que habería un narrador pero non quen era: Paula Carballeira!!!
     A banda interpretaba a música e Paula narraba os contos tan ben, tan ben que parecía que estabamos dentro das historias.
                                                            Unha marabilla!

miércoles, 3 de diciembre de 2014

O coello Puag

Como o tema da biblioteca deste ano son as hortas ecolóxicas... inventamos, debuxamos e gravamos este conto sobre un coello moi especial. Esperamos que vos guste...



domingo, 30 de noviembre de 2014

Conto sobre a diversidade

Esta semana vimos o conto: Por cuatro esquinitas de nada. Logo de velo falamos sobre as diferencias e de cómo poder axudar ás persoas "diferentes" que nos rodean.