Neste curso 2017-2018 a biblioteca xirará en torno a 3 temas: o arte, os cómics e as emocións.
Por ese motivo adicamos un recuncho da nosa biblioteca da sede a varios contos que versan sobre as emocións. Así facilitamos que todos os mestres os teñan a fácil disposición.
CONQUISTAMOS ESTE ANACO DE TERREO DO MUNDO VIRTUAL PARA AMOSARVOS A ACTIVIDADE DA NOSA BIBLIOTECA,PORQUE AINDA QUE SOMOS CATIVOS DE IDADE,NON NOS DÁ MEDO NINGÚN COMEZAR AVENTURAS E NON HAI VIAXE MÁIS ALUCINANTE QUE O QUE COMEZA NAS LIÑAS DOS LIBROS. AGARDAMOS ENGANCHARTE¡¡¡¡¡
miércoles, 4 de octubre de 2017
COMEZA A ANDAR A MALETA VIAXEIRA
Un curso máis arrancou a actividade da maleta viaxeira, que consiste en escoller uns contos que traballen diferentes temas para que viaxe por cada escola do CRA durante un mes.
miércoles, 3 de mayo de 2017
Día do libro
Este ano para celebrar o día do libro elaboramos os nosos propios contos Kamishibai.
Primeiro coñecimos qué eran estos contos e contamos o de Pete, o foguete dormilón de Miniland:
Gracias ó blog "rincón de una maestra" conseguimos varios contos Kamishibai en pdf listos para imprimir: Os tres porquiños, Caperucita e Pinocho.
Primeiro coñecimos qué eran estos contos e contamos o de Pete, o foguete dormilón de Miniland:
Gracias ó blog "rincón de una maestra" conseguimos varios contos Kamishibai en pdf listos para imprimir: Os tres porquiños, Caperucita e Pinocho.
En cada escola escolleron o conto que querían facer e unha vez elexido...puxéronse a inventar o seu propio conto.
O paso seguinte foi pintar cada unha das páxinas do mesmo:
O último paso foi escribir cada escena do conto en cartulinas tamaño A4 e pegar cada páxina do conto na cartulina correspondente. Nas escolas con primaria foron eles quen escribiron:
E xa rematado só quedaba leer os nosos contos:
Para rematar o día do libro, repartimos uns marcapáxinas a cada nen@.
miércoles, 26 de abril de 2017
Xogo-conto "Sempre de chós"
jueves, 30 de marzo de 2017
RECETARIO
Desde a biblioteca coloboramos na participación en "Vedra en Ciencia" con un recetario sobre legumes que elaboraron os nosos alumn@s nas casas cós seus pais. Nel atopamos variadas recetas que se poden realizar con estas leguminosas:
Pero os nosos alumnos non só trouxeron receitas, tamén ditos populares e adiviñas sobre elas:
Estos dous libros estarán expostos en Ciencia en Vedra e logo irán rotando polas escolas do CRA
CONTOS PLANTADOS
O concello de Vedra organizou un taller no que participaron todas as escolas do CRA. O seu nome é contos plantados xa que está adicado ás legumes. Levouno a cabo Chío e ésto foi o que fixemos:
Primeiro falounos das distintas legumes e ensinóunolas, aprendemos que todas elas son sementes e teñen vaina:
Logo tivemos que colocar as fotos das diferentes legumes diante dos frascos que as contiñan:
A continuación inventamos un conto no que a protagonista fose unha legume:
Unha vez inventado, pintámolo e escribímolo:
E finalmente contámolo de novo xa rematado:
Todos os contos inventados no CRA e nos demais colexios de Vedra van a ser expostos esta fin de semana en "Ciencia en Vedra".
GRACIAS CHÍO!
miércoles, 15 de marzo de 2017
Monstruo rosa
A semana pasada traballamos o conto Monstruo Rosa xa que é un conto sobre a diversidade que amosa o enriquecedor que é coñecer, aceptar e relacionarse con persoas diferentes a nós.
Por iso, logo de falar sobre o mesmo, cada un debuxou o seu propio "monstruo rosa".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






