lunes, 2 de noviembre de 2020

CRATECA MÓBIL: CAIXAS ROTATORIAS


Dende o equipo de Biblioteca e o claustro do CRA, consideramos de vital importancia fomentar o gusto e interese pola lectura nos nosos nenos e nenas e as súas familias, sexa como sexa a situación sanitaria actual, xa que demostrado está, que a lectura foi un gran apoio para moitos e moitas en tempos mais complexos de confinamento domiciliario. 

Polo tanto, e dada a situación na que nos atopamos provocada pola COVID, e coa necesidade de seguir os protocolos establecidos para coidar a nosa saúde e a dos demais, decidimos poñer en marcha unha actividade para dinamizar os fondos da biblioteca e facelos chegar á nosa comunidade educativa dándolles tamén a opción de poder achegarse ás diferentes tipoloxías textuais.  

Esta actividade consiste en facer rotar as 8 caixas creadas por tódolas escolas, deste xeito o tempo estimado de permanencia en cada unha será de aproximadamente un mes. A xestión das mesmas, xirará en base ás necesidades de cada titoría. A proposta comeza aquí, xa vos iremos contando como se desenvolve e a acollida que ten nas nosas familias e na nosa rapazada!

As caixas rotaotrias na biblioteca preparadas para ir para as escolas!


martes, 27 de octubre de 2020

Día das bibliotecas escolares

Para celebrar o día das Bibliotecas Escolares nas nosas escolas, elaboramos un listado de contos relacionados con temáticas vinculadas ao gusto pola lectura (o disfrute e aventuras que os libros nos proporcionan) e as características das bibliotecas e o seu poder de envolvernos dentro das súas estanterías e libros. 

Cada titoría escolleu un dos contos, e posteriormente traballáronse de xeito concreto e especial dentro das aulas. Cada mestre/a elaborou unha pequena secuencia de traballo para cada conto acorde á súa metodoloxía e aso intereses do seu alumnado. 

Velaquí un breve resumo das tarefas levadas a cabo.



viernes, 9 de octubre de 2020

Seccións temáticas: Outono e Samaín


Preparamos para este mes de outubro unha selección de fondos relacionados con dúas das temáticas que imos abordar dende as escolas neste mes: o outono e o Samaín. Faremos chegar aos nenos e nenas do CRA distintas obras e a través de distintas tipoloxías textuais lecturas motivadoras e gratificantes.
Velaquí a mostra da nosa selección deste curso. 



 

miércoles, 30 de septiembre de 2020

Protocolo CRATECA 20.21


 Comezamos este curso marcado pola crise sanitaria da COVID-19, polo que consideramos importante dende o equipo de bilbioteca establecer un protocolo de uso da mesma para que o seu emprego sexa seguro e poida chegar a toda a comunidade educativa. Lede con atención:

miércoles, 23 de septiembre de 2020

Comezamos o curso 20/21





Benvidos e benvidas á CRATECA este novo curso 2020/2021!! 


Comezamos con moitas ganas e ilusión, como cada ano, e este si cabe aínda con mais ilusión e forza! 

Xa a temos preparada e organizada a nosa bibloteca central, e aínda que as visitas están restrinxidas...Esperamos darlle moita vida!! 

martes, 2 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Aquí tedes as recomendación de lectura para o verán que vos facemos desde o equipo de biblioteca.
Pincha sobre as imaxes para velo ampliado.
Todos eles están á vosa disposición durante o curso na nosas bibliotecas.
Preguntade por eles!



PLASTICMONSTERS

Outra das propostas deste curso para colaborar no proxecto de Voz Natura foi a elaboración de plasticmonster. Actividade que se ía desenvolver no terceiro trimestre coa colaboración das familias. Debido á situación actual tivemos que facer algunhas modificacións á proposta inicial, que era fotografiar residuos directamente da contorna, polo búsqueda de fotografías alusivas en internet. Logo cada familia adaptouno un pouco ás súas posibilidades, houbo quen recolleu residuos cando ía cara o traballo e logo fixeron un monstro tridimensional, quen sacou fotos volvendo do traballo...









Pincha sobre as imaxes


https://www.instagram.com/explore/tags/plasticmonstercampo1920/