martes, 13 de abril de 2021

LIBROS CAMIÑANTES


Con motivo do proxecto que estamos levando a cabo, ao nivel centro, sobre o "Camiño de Santiago", dende a CRATECA, a peregrina Exeria achéganos a proposta "Libros Camiñantes". 

Atopámonos na busca de información e, como nos encanta ler, fixo unha ampla selección de contos, álbumes,... que van rotando polas escolas para  que poidamos gozar deles. 

Algunhas das súas eleccións foron: 

-El camino de Santiago.   

-Os Balbinos: A Ruta da Prata.

-Camiño do Norte. Visións Contemporáneas.

-Bo camino Valentiño.

…e moitos máis.







martes, 6 de abril de 2021

AVISO: PEREGRINA PERDIDA!



Chegou ás nosas escolas o vídeo dunha peregrina un pouco desorientada 😕. Para axudala, todos preparamos os nosos carteis para indicarlle cara onde van @s peregrin@s: Santiago de Compostela!! Con estes cartes non hai perda. 
Se a vedes por aí, a ver se vós tamén lle dades unha axudiña.




Bo camiño, amiga peregrina!

lunes, 29 de marzo de 2021

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

O 27 de marzo conmemoramos o día Mundial do Teatro axudando á paiasa Gargallada a recuperar o seu sorriso xa que, non podía deixar de chorar porque, por mor da Covid-19, as actividades culturais están a mermar. Esperamos que a vós tamén vos saquemos un sorriso coas nosas actuacións circenses, cheas de malabaristas, forzudos e forzudas, paiasos e paiasas,... Que comece a función!!

http://rukutru.blogspot.com/2021/03/a-paiasa-gargalladas.html




lunes, 22 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA

 Has de cantar meniña gaiteira…has de cantar familia CRATECA.

Que fermosos son os poemas cantados, verdade?

Como ben sabedes, o 21 de marzo celebrouse o Día da poesía malia que, para nós, este xénero literario forma parte do día a día. Así, Neira Vilas e Rosalía de Castro foron uns dos protagonistas deste curso académico; as nosas aulas están cargadiñas dun fondo documental importante do que temos o privilexio de poder gozar.

Déixovos cun poema que inventamos na aula. Di así…

Has de cantar neniña e neniño,

Has de cantar escoliña de niño

Has de saber que neste CRA andamos a traballar o camiño.


Outras versións do poema  "has de cantar..."   podedes premer para escoitar.  

  
















lunes, 8 de marzo de 2021

Nós tamén o fixemos

Exeria, a peregrina que comparte connosco este curso, tivo a gran idea de propor unha actividade dedicada ao Día Internacional da Muller (8M). Así pois, grazas á implicación das familias das nosas escolas, coñecemos multitude de experiencias de mulleres que fixeron o Camiño de Santiago (dende os seus nomes até as anécdotas que lles aconteceron ao longo do percorrido). Con estas historias fomos quen de analizar como cambiaron as sociedades xa que, hoxe en día e a diferenza de hai anos, é posíbel observar a mulleres peregrinando soas. Este día vai por vós (mamás, mulleres, avoas, médicas, mecánicas, obreiras, mestras, dependentas....) porque o valedes! Grazas polo voso traballo, esforzo e dedicación. Grazas por ser únicas e invencibles. Con todas as andainas contadas fixemos unha exposición como moitos/as de vós puidestes ver nas nosas escolas. Dada que a nosa actuación foi excelente, acadamos o primeiro selo para a nosa CREDENCIAL. Estamos a piques de ser auténticos peregrinos! Ensínovos os fantásticos selos que creamos!



viernes, 12 de febrero de 2021

Entroido 20.21


Non cabe dúbida que este ano o Entroido será especial e diferente no noso CRA. Non poderemos disfrutar de moitas das actividades tradicionais que viñamos facendo anos anteriores en compaña das nosas familias e compañeiros/as, pero non por ser diferente, vai ser peor.... Así que este ano os mandados do burro de entroido veñen ben curiosos! Lede atentos/as as coplas que nos manda para toda a semana que algo curioso se está a argallar nas escolas do CRA! 



E con estes mandados, ao longo da semana nos fomos disfrazando.... 


Para ao final da semana un vídeo moi especial recibir....

Un peregrina seica anda moi perdida, e so nenos e as nenas do

CRA a deberemos axudar...

Tod@s preparad@s... Comezamos a investigar!!!


Mirade que perdida anda a nosa peregrina....




lunes, 1 de febrero de 2021

A Paz no CRA

Dende as diferentes escolas traballáronse distintos contos que cada titoría escolleu segundo os intereses do seu alumnado. A partir da lectura de distintos contos, xurdiron un sinfín de propostas de actividades de aula que vedes resumidas a continación e outras moitas que foron xurdindo segundo as necesidades e intereses do noso alumnado.

Se clicades na imaxe accederedes a unha sección mais amplidada do día da Paz 2021 no CRA.