lunes, 15 de noviembre de 2021

NEIRA VILAS EN SERGUDE

Podemos dicir que o mes de novembro é o mes de Neira Vilas e, como non podía ser doutra maneira, nas diferentes escolas do CRA fanse moitas actividades ao redor da súa persoa e a súa obra. Concretamente na escola de Sergude escolleron o libro Cantos de sol a sol e centráronse no poema de Canta galiña. Leron o poema varias veces, sentiron o seu ritmo e xogaron a palmealo, escoitaron o poema musicado polo compositor Xosé Lueiro, debuxaron unha das súas estrofas e incluso se animaron a bailalo. Foi moi divertido!






 

domingo, 7 de noviembre de 2021

HORA DE LER

                                                         Preme sobre a imaxe para obter máis información

Aquí recollemos as lecturas semanais que levamos a cabo na escola de Camporrapado.

Todos os días da semana lemos un conto, dous días á semana poesía, outros dous texto expositivo e un  prensa. A maiores facemos as lecturas ás que nos leva o devir dos acontecementos diarios, case sempre aumentando as lecturas de texto expositivo para buscar información.

TEXTOS DE USO SOCIAL: O CARTEL

 En Camporrapado traballamso as propiedades do cartel (texto informativo) debido a unha necesidade xurdida na escola. Durante varias semanas apareceronos os xoguetes do areeiro tirados. Decidimos elaborar uns carteis para deixar claras as normas de uso dos mesmos.


Preme sobre a imaxe para obter máis información

jueves, 4 de noviembre de 2021

O ENGANO DA PANTASMA

Son tempos de Samaín. Tempos escuros, fríos e húmidos que se prestan a sentarse ao redor da lareira ou, de non ser posible, cerquiña do radiador, ven xuntiñ@s para entrar en calor, a contar historias arrepiantes. En Lestedo tomaron boa nota disto e decidiron crear o seu propio conto partindo das imaxes duns dados moi inspiradores. Foron achegando ideas entre todas e todos e de aí xurdeu a historia titulada O engano da pantasma. Traballaron arreo creando as personaxes, escribindo os textos , ilustrándoos, maquetándoos... O resultado final púxolles a tod@s os pelos de punta e sen dúbida ocupará un espazo moi importante na biblioteca de aula.














domingo, 31 de octubre de 2021

viernes, 29 de octubre de 2021

DÍA DAS MULLERES AUTORAS NA ESCOLA DE CAMPORRAPADO

Preme sobre a imaxe para obter a información

DÍA DAS ESCRITORAS E DÍA DAS BIBLIOTECAS

Os días 18 e 24 de outubro conmemóranse o Día das Escritoras e o Día das Bibliotecas respectivamente, así que pensamos que a mellor maneira de celebralos sería achegando unha selección da obra de diferentes autoras, a maior parte delas galegas, ás nosas escolas. Durante unha semana estivéronse a ler distintos libros e a traballar sobre as súas autoras coa intención de coñecelas un pouquiño máis, descubrindo información sobre as súas vidas que nos axudou a humanizalas, a comprender que detrás deses nomes hai persoas coma elas e eles, un pouquiño maiores iso si, que decidiron adicar as súas vidas a facer máis felices as dos demais a través das súas historias. Na escola de Camporrapado incluso conseguiron comunicarse con  Olaya Naveira a través do seu instagram para obter resposta sobre dúbidas que lles foron xurdindo ao traballar a súa obra.
Quen sabe se o feito de coñecer mellor a estas mulleres e a súa obra serve de inspiración para que nun futuro algunha das nosas alumnas ou alumnos se animan a converterse en grandes autoras ou autores. 
As autoras escollidas foron: Gloria Sánchez, Mª Fe Quesada, Iria Fafián, Concha Blanco, Olaya Naveira, Eva Mejuto, Fina Casalderrey, Teresa Lima, Patricia Castelao, Ana Carreira, Noemí López, Charo Pita, Fátima Afonso, Paula Carballeira, Blanca Millán, María Reimóndez, Vanesa Álvarez, Teresa Moure, Rosalía de Castro, Magdalena Matoso, Xoana Almar e María Canosa.
E estes foron os libros traballados divididos en lotes para as diferentes escolas: