CONQUISTAMOS ESTE ANACO DE TERREO DO MUNDO VIRTUAL PARA AMOSARVOS A ACTIVIDADE DA NOSA BIBLIOTECA,PORQUE AINDA QUE SOMOS CATIVOS DE IDADE,NON NOS DÁ MEDO NINGÚN COMEZAR AVENTURAS E NON HAI VIAXE MÁIS ALUCINANTE QUE O QUE COMEZA NAS LIÑAS DOS LIBROS. AGARDAMOS ENGANCHARTE¡¡¡¡¡
martes, 2 de mayo de 2023
lunes, 1 de mayo de 2023
CONMEMORANDO O DÍA DE NEIRA VILAS
25N: ESCRIBIMOS PARA RECORDAR
Unha das funcionalidades da escritura é a de recordar. Por iso empregamos a escrita dos nomes das mulleres asasinadas en 2022 por violencia de xénero para nomealas e darlles o seu lugar no noso recordo.
A lectura de libros temáticos de calidade tamén foi un dos recursos empregados para traballar este tema.
Sección temática vinculada a este conmemoración
domingo, 30 de abril de 2023
DÍA DAS MULLERES AUTORAS
En outubro resaltamos dúas datas na nosa axenda escolar: O Día das Bibliotecas, día 24, e o Día das Mulleres Autoras, día 17, que ten como obxectivo darlle visibilidade e reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia. Este curso celebramos estas datas achegándonos á figura e obra de distintas escritoras en lingua galega, castelán e en inglés.
As autoras escollidas foron: Susana Isern, Helga Bansch, Julia Donaldson, Mar Benegas, Gloria Fuertes, Concha blanco, Paloma Rodríguez e Beatrice Blue.
Os libros traballados, divididos en lotes para as distintas escolas, foron os seguintes:
sábado, 29 de abril de 2023
CRATECA MÓBIL
A crateca móbil é xa un recurso permanente na nosa escola.
Realizamos unha rotación por trimestre na que incluímos ao redor de 50 títulos de todas as tipoloxías textuais, procurando poñer en circulación as novidades do curso anterior.
Os fondos quedan a disposición das familias e eles escollen segundo os seus gustos e intereses. É a través da crateca móbil como se realiza o empréstito de fondos ao alumnado, e non a través da biblioteca central, pouco eficiente tendo en conta a nosa dispersión.













