martes, 14 de mayo de 2013

Conto sobre as enerxías renovables


EL CAZO DE LORENZO



Ésta semana estamos a ver e comentar este conto que nos amosa que todos temos características diferentes dos demais e non por eso temos que discriminar a ninguén. Máis altos ou máis baixos, con gafas ou sin elas...todos somos iguais!

viernes, 26 de abril de 2013

Pancho, creador de contos


    Neste enlace podedes crear contos. Elexides escenarios, persoaxes e escribides a historia e cada día creades un conto diferente.


                                   http://portal.perueduca.edu.pe/modulos/m_pancho/

Actividade do día do libro

    Ademais de tódalas actividades feitas para o festexar o día do libro, fixemos unha especie de gimcana para aprender que os contos non só sirven para lelos, tamén se poden empregar para facer xogos a partir deles.
   Así, escollimos o de Lobo feroz da editorial OQO.

 Contamos o conto e tiñan que estar moi atentos. Porqué?


Pois porque despois tocaba responder preguntas...





En total eran 6 preguntas. Se acertaban unha pregunta, conseguían unha pista. Dúas preguntas, dúas pistas...



E pistas para qué? Pois para atopar ó lobo feroz que se agochara pola clase.  Logo de escoitar as pistas...A buscar!!!!!!!!!













E ahí está o noso amigo lacazán!!!





viernes, 22 de febrero de 2013

CONTO COEDUCATIVO: "CÓMO CAMBIAN OS CONTOS"

      Ante unha pregunta feita nunha clase do tipo: Podería ser "Ana" de maior policía? E obter unha resposta: Non, porque é chica. Decidimos levar a cabo un conto coeducativo có fin de traballar a igualdade entre nenos e nenas, vendo así que todos somos iguais e que as nenas poden adicarse ó que queiran igual que os nenos. 
      Así, logo dunha pequena charla, escollimos como tema cambiar o final dos contos clásicos xa que estos están cheos de estereotipos. Porqué ten que ser un príncipe o que sempre salve á princesa?