miércoles, 26 de abril de 2017

Xogo-conto "Sempre de chós"

   A profe Begoña elaborou un xogo-conto baseado no libro de Neira Vilas "Contos vellos para rapaces novos" e que deixou na biblioteca da sede.




Conto, escenarios, personaxes, animais, carteis...




jueves, 30 de marzo de 2017

RECETARIO

 Desde a biblioteca coloboramos na participación en "Vedra en Ciencia" con un recetario sobre legumes que elaboraron os nosos alumn@s nas casas cós seus pais. Nel atopamos variadas recetas que se poden realizar con estas leguminosas:




   Pero os nosos alumnos non só trouxeron receitas, tamén ditos populares e adiviñas sobre elas:





Estos dous libros estarán expostos en Ciencia en Vedra e logo irán rotando polas escolas do CRA

CONTOS PLANTADOS

  O concello de Vedra organizou un taller no que participaron todas as escolas do CRA. O seu nome é contos plantados xa que está adicado ás legumes. Levouno a cabo Chío e ésto foi o que fixemos:
   Primeiro falounos das distintas legumes e ensinóunolas, aprendemos que todas elas son sementes e teñen vaina:


    Logo tivemos que colocar as fotos das diferentes legumes diante dos frascos que as contiñan:



   A continuación inventamos un conto no que a protagonista fose unha legume:


   Unha vez inventado, pintámolo e escribímolo:



  E finalmente contámolo de novo xa rematado:

   Todos os contos inventados no CRA e nos demais colexios de Vedra van a ser expostos esta fin de semana en "Ciencia en Vedra".


GRACIAS CHÍO!

miércoles, 15 de marzo de 2017

Monstruo rosa


   A semana pasada traballamos o conto Monstruo Rosa xa que é un conto sobre a diversidade que amosa o enriquecedor que é coñecer, aceptar e relacionarse con persoas diferentes a nós. 
   Por iso, logo de falar sobre o mesmo, cada un debuxou o seu propio "monstruo rosa".



jueves, 23 de febrero de 2017

miércoles, 15 de febrero de 2017

Mochila temática das legumes

   A semana pasada comezou a viaxar polo cra a mochila temática, este ano con varios contos sobre as legumes e que estará en cada unha das escolas dúas semanas.


Osiño

   O pasado mércores saímos de excursión ó auditorio A Banca para desfrutar dun conto representado con marionetas: Osiño, no que un pequeno oso vive diferentes aventuras en cada unha das estacións do ano xunto cós seus amigos os ratos, o porquiño e os paxaros.