miércoles, 30 de septiembre de 2020

Protocolo CRATECA 20.21


 Comezamos este curso marcado pola crise sanitaria da COVID-19, polo que consideramos importante dende o equipo de bilbioteca establecer un protocolo de uso da mesma para que o seu emprego sexa seguro e poida chegar a toda a comunidade educativa. Lede con atención:

miércoles, 23 de septiembre de 2020

Comezamos o curso 20/21





Benvidos e benvidas á CRATECA este novo curso 2020/2021!! 


Comezamos con moitas ganas e ilusión, como cada ano, e este si cabe aínda con mais ilusión e forza! 

Xa a temos preparada e organizada a nosa bibloteca central, e aínda que as visitas están restrinxidas...Esperamos darlle moita vida!! 

martes, 2 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Aquí tedes as recomendación de lectura para o verán que vos facemos desde o equipo de biblioteca.
Pincha sobre as imaxes para velo ampliado.
Todos eles están á vosa disposición durante o curso na nosas bibliotecas.
Preguntade por eles!



PLASTICMONSTERS

Outra das propostas deste curso para colaborar no proxecto de Voz Natura foi a elaboración de plasticmonster. Actividade que se ía desenvolver no terceiro trimestre coa colaboración das familias. Debido á situación actual tivemos que facer algunhas modificacións á proposta inicial, que era fotografiar residuos directamente da contorna, polo búsqueda de fotografías alusivas en internet. Logo cada familia adaptouno un pouco ás súas posibilidades, houbo quen recolleu residuos cando ía cara o traballo e logo fixeron un monstro tridimensional, quen sacou fotos volvendo do traballo...









Pincha sobre as imaxes


https://www.instagram.com/explore/tags/plasticmonstercampo1920/

lunes, 18 de mayo de 2020

15 ANOS DE LIX GALEGA

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1293
Pincha na imaxe para ver a selección de literatura infantil e xuvenil en galego elaborada pola asesoría de bibliotecas coas aportacións dos centros galegos.

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

 Pincha sobre a imaxe para aceder á visita virtual a diferentes museos da Galicia.

https://museos.xunta.gal/es/visitas-3d-museos

miércoles, 13 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS: RICARDO CARVAHLO CALERO

Podedes escoitar aquí o conto que seleccionamos para traballar teatralizado o día internacional do teatro. Coas ilustracións da edición do mesmo na editorial Embora.