Co comezo do ano, preparamos o mes de xaneiro pensando en adicarllo á paz e ao álbum ilustrado, sen esquecernos do inverno que nos acompaña. A sección temática deste mes achéganos a un amplo abano de posibilidades de lecturas de álbumes ilustrados, con texto e sin el, que nos achegarán a reflexionar sobre a importancia da paz e sobre características persoais dos seres humanos que farán mais levadeiro un mundo en paz. Achegamos outros álbumes ilulstrados sinxelos sin texto, para que quen quiera poida comezar a traballar este tipo de texto.
CONQUISTAMOS ESTE ANACO DE TERREO DO MUNDO VIRTUAL PARA AMOSARVOS A ACTIVIDADE DA NOSA BIBLIOTECA,PORQUE AINDA QUE SOMOS CATIVOS DE IDADE,NON NOS DÁ MEDO NINGÚN COMEZAR AVENTURAS E NON HAI VIAXE MÁIS ALUCINANTE QUE O QUE COMEZA NAS LIÑAS DOS LIBROS. AGARDAMOS ENGANCHARTE¡¡¡¡¡
viernes, 15 de enero de 2021
martes, 22 de diciembre de 2020
É tempo de Nadal
Chegamos ao remate do noso primeiro trimestre. e como non podía ser doutra maneira, cos nosos mellores desexos e festexos para o vindeiro ano novo, cargado sobre todo, de moita saúde e grandes momentos por compartir. Velaquí unha pequena mostra dos traballos dos últimos días nas escolas do CRA: lectura de contos, traballos de textos e palabras significativas, postais de felicitación para as familias, cartas de Nadal, agasallos, manualidades... e sobre todo moito moito amor! Boas Festas!
viernes, 11 de diciembre de 2020
As CRATECA móbil polas escolas
A CRATECA móbil chegou ás nosas escolas e funciona con moito éxito! As familias amosáronse moi participativas e colaboran no bo funcionamento das mesmas, seguindo sempre as medidas de hixiene e o protocolo da nosa biblioteca! Porque ler mola!
viernes, 4 de diciembre de 2020
Sección temática: os dereitos humanos, o inverno e o Nadal
Neste vindeiro mes de decembro ofrecemos unha pequena mestura de títulos para traballar sobre diversas temáticas que se abordan neste mes.
Por unha banda traballar sobre os dereitos humanos e das persoas, así como tamén os dos nenos e as nenas.
E por outra banda, as inminentes e esperadas festas de Nadal coa chegada do frío inverno.
martes, 1 de diciembre de 2020
Novembro: o mes de Neira Vilas
Novembro é un mes moi especial para a comunidade educativa do noso CRA, xa que é o mes de Neira Vilas.
Aproveitando a súa versatilidade na escrita, e as súas obras de gran calidade adicadadas a nenos e nenas, traballamos distintas secuencias didácticas en conxunto co equipo de Dinamización Lingüística, maioritariariamente adicadas ao texto poético. Cada mestre e mestra desenvolveu unha secuencia didáctica axeitadas ás características, necesidades e intereses do seu alumnado.
Para ver mais información, clicade na imaxe.
jueves, 26 de noviembre de 2020
O 25 N, o día da non violencia de xénero nas escolas do CRA
Este curso decidimos traballar dunha forma conxunta e global o día da non violencia de xénero, os valores do coidado e respecto polos demais, e a necesidade dunha convivencia empática e harmónica.
Para iso realizamos un variado de actividades:
- lectura de libros relacionados coa temática e distintas actividades cos mesmos
- actividades artísticas e reivindicativas nos patios das nosas escolas
- visionado dun conto con maxia
- teatros de sombras...
Para saber mais sobre o noso traballo conxunto e interescolas, clicade na imaxe.
viernes, 6 de noviembre de 2020
Sección Temática: Igualdade e non violencia de xénero
A sección temática que preparamos para este mes de novembro xira entorno ao traballo pola igualdade e a non violencia de xénero. Cremos firmemente que a concienciación dende as idades mais temperás, creará adultos do futuro empáticos/as e respetuosos/as. Ofrecemos as propostas de fondos da bilioteca ás escolas e especialistas para que fagan chegar ao seu alumnado do xeito que mellor consideren.





