martes, 30 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023


Este curso, nas escolas do CRA homenaxeamos a Francisco Frenández del Riego facendo diversas actividades en colaboración co equipo de dinamización lingüística. 

O noso lema foi "Conserva a túa lingua". Velaquí algunhas das propostas que levamos a cabo.

Premer na imaxe

                           


                                                                Preme sobre a imaxe

lunes, 29 de mayo de 2023

TEXTO INSTRUCTIVO: RECEITAS II

 Na escola de Lestedo fixemos diferentes receitas ao longo do curso e aproveitamos para traballar as habilidades da vida diaria así como as propiedades do texto instructivo. Cociñamos magdalenas e flores de masa follada.






domingo, 28 de mayo de 2023

TEXTO INFORMATIVO: A NOTA

 Ao longo do curso xurdiron diversas oportunidades nas que empregamos as notas como medio de comunicación coa nosa contorna. Como é un texto traballado todos os cursos, somos coñecedores das súas características,  e do seu valor como medio para informar, solicitar información e /ou recibila.

 

 


                                                                 Preme sobre a imaxe

jueves, 25 de mayo de 2023

MAPA CONCEPTUAL Salvador Dalí

O tema escollido no entroido do CRA este curso foi o das belas artes. Dentre deste amplo abano de oportunidades cada escola escolleu o tema que prefería traballar.

Na escola de Sergude escollimos a obra de Salvador Dalí. Para achegarnos a este famoso artista, fixemos unha pequena investigación, que sintetizamos nun mapa conceptual que recolle os datos mais relevantes sobre a súa vida e obra

Preme na imaxe para mais información


TEXTO INFORMATIVO: A CARTA

Coa colaboración da mestra Olalla de educación física, veciña de Muxía, realizamos un traballo de concienciación medioambiental a través do achegamento ao desastre do Prestige no seu 20º aniversario.

A profe Olalla púxonos en contacto con varias persoas vinculadas a esta desgraza a través de videoentrevistas deseñadas polo alumnado. E conseguiunos cartas orixinais das que recibiron nas escolas de Muxía, polo que decidimos traballar este texto para poder escribir ao novo alumnado dos centros que sabemos está a traballar este tema. Tamén empregamos esta tipoloxía para agradecer a súa colaboración ás persoas entrevistadas.


Premer sobre a imaxe


TRABALLANDO O TEXTO INFORMATIVO: A INFOGRAFÍA

 O produto final da investigación levada a cabo na escola de Sergude sobre a reciclaxe e a separación de residuos nos distintos colectores de lixo, foi unha infografía.

Preme na seguinte imaxe para ver os pasos levados a cabo no proceso de elaboración, ata a súa edición e posterior divulgación de cara á veciñanza.



VISITA DE EXPERTOS

 Segundo os distintos proxectos de investigación que se foron desenvolvendo nas distintas escolas, nalgúns, precisouse a colaboración dalgún experto para dar luz e información sobre os temas a tratar.


Na escola de Sergude fixemos unha profunda investigación en canto ao tema da reciclaxe e a separación de residuos nos distintos colectores de lixo. O produto final da investigación foi unha infografía sobre o tema, pero foi clave a colaboración dun papá experto no tema. 

Premer na imaxe

                                 

                                Roteiro do alumnado de San Xián con axentes medioambientais.

                                                                    Premer na imaxe


Roteiro micolóxico coa nai de Mara

Preme na imaxe