miércoles, 5 de junio de 2019

Caixas de poesía

Durante este curso estivemos traballando especialmente o texto poético. Para elo desde a biblioteca fixose unha proposta  a través de caixas de poesía que irían rotando por todas as aulas.
Cada caixa contén un poemario dun autor/a galego/a e  un poema seleccionado dun animal do bosque. A proposta de traballo consistía en ler o poema, gravar o seu recitado na aula, facer un debuxo do animal e enviar pistas sobre o animal a outra escola para que esta gañase unha nova caixa de poesía. Despois cada escola ampliou o traballo en función dos seus intereses.


 Uxío Novoneyra
"Os eidos"
Poema o cuco
 María Canosa
"O libro dos medos"
Poema o rato
 Antonio García Teijeiro
"Paseniño, paseniño"
Poema paspallás

 Xosé Neira Vilas
"Cantarolas"
Poema formigas
Manuel María
"Os soños na gaiola"
Poema o lobo


Anisia Miranda
"Cantarolas"
Poema a araña tece



No hay comentarios:

Publicar un comentario