viernes, 5 de mayo de 2023

DÍA DO LIBRO

"Más libros, más libres"

     (Tierno Galván)


En 1995 a UNESCO proclamou o 23 de abril como data de celebración do Día Internacional do Libro para fomentar a lectura, a industria editorial e o respecto aos dereitos de autor. Esta data coincide co pasamento ou nacemento de escritores universalmente coñecidos como Cervantes, Shakespeare ou Inca Garcilaso de la Vega. Pero, sabías que en España esta celebración xa viña acontecendo desde o ano 1930?

Durante esta semana nas escolas do CRA realizáronse diversas actividades para conmemorala: contacontos, escritura e elaboración de contos, adiviñas e libros de trabalinguas de animais. Preme na seguinte imaxe para acceder a un vídeo sobre estas actividades.   


Tamén compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras os nosos contos favoritos na escola.





Sección temática para o Día do libro na biblioteca



                                             




No hay comentarios:

Publicar un comentario