lunes, 23 de marzo de 2015

O SENTIDO DO OIDO



Esta semana estamos a levar a cabo a segunda parte do taller sensorial, adicado á sordeira.
Para comezar explicamos cómo se produce á audición:


Falamos de que hai diferentes grados de pérdida auditiva, das causas (como os ruidos moi altos e que polo tanto hai que tomar medidas como empregar cascos): 

Comentamos os aspectos a ter en conta como: non falar de espaldas ó neno sordo, non tapar a boca ó falar e facelo despacio para que poida facer unha lectura labial. Polo que fixemos a proba. articulamos palabras sen sonido para que adiviñaran o que decíamos!

Visualizamos un conto sen sonido para que viran que deste xeito non entendemos casi nada e así explicamos o uso de pictogramas e os subtítulos.

Coñecimos os audífonos (para persoas con restos auditivos) e os implantes cocleares (para os que non presentan restos de audición):


Así vimos un video da reacción dunha muller que escoitou a súa voz por primeira vez:



Tamén vimos os SUVAG que constan duns cascos e un micrófono para amplificar a nosa voz:


Coñecimos adaptacións para o fogar como un despertador lumninoso e un timbre luminoso:

 

E xa para rematar coñecimos a lengua de signos e aprendimos algun deles:


No hay comentarios:

Publicar un comentario