Comezou presentándose en lingua de signos:
Falounos de distintos aspectos da vida dunha persoa sorda como por exemplo que poden bailar igual que as persoas ointes mediante a vibración dos sons, e fixemos a proba: poñer música no móvil e percibir a súa vibración:
Aprendimos as tres formas de comunicación: lectura labial (probando a entender o que dicimos sin falar só movendo os labios), lingua de signos ( aprendimos a decir nomes de animais, días da semana, números...)
E explicounos o sistema dactilolóxico, có que pintamos os signos do noso nome:
E probamos a decir cómo nos chamamos:
Con esta visita aprendimos a coñecer un pouco máis ás persoas sordas e polo tanto foi un luxo poder contar con ela! Por iso: Moitas, moitas gracias Alex!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario