lunes, 11 de mayo de 2020

DÍA MUNDIAL DA NARRACIÓN ORAL


O 20 de marzo é o día da narración oral.

“É condición natural en todos os pobos dar resposta a tres preguntas: de onde vimos, quen somos e a onde queremos ir. De ahí a creación  de seres e ubicacións que xustifiquen que nós estamos aquí para algo”
      Antonio Reigosa
Xornadas Hume 2015
Escritor, conferenciante e investigador da mitoloxía popular e da lingua galega de tradición oral.

É dicir todas aquelas historias que nos contaban os nosos familiares de máis idade leváronnos ao coñecemento do que pasou, do que está a pasar e do que virá dun modo lúdico.
Desde o equipo de biblioteca ofrecémosvos dous recursos vinculados a tradición oral. Un conto popular contado por Antonio Reigosa e un xogo de mans contado por Avelino González.
Deixámosvos taén os enlaces a dúas webs que traballan especialmente sobre este tema. Aí podedes atopar máis contos, lendas…
Galicia encantada
Asociación de escritoras e escritores en lingua galega.
 //www.aelg.gal/
Colectivo de Narración Oral Galega (NOGA)
En Instagram 
@colectivonoga
En youtube

Esperamos que desfrutedes das contadas, e se a través desta actividade xorden contadas de tradición oral nas vosas casas… aquí estamos para recibilas coas orellas ben abertas. Podedes enviar gravacións a través de whatsapp aos teléfonos das escola.


Pincha sobre a imaxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario