lunes, 11 de mayo de 2020

NOVOS ESPAZOS QUE ATENDEN Á DIVERSIDADE

Este curso cos fondos de atención á diversidade desde a biblioteca decidimos crear nas bibliotecas de aula uns espazos que favorecesen o aceso á lectura e cultura de todo o alumnado, e en especial do alumnado con necesidades educativas. Mercouse un reproductor de cd de parede con auriculares para cada aula. Estes serán usados para reproducir música e audiocontos que lle permitirán ao alumnado aceder a lectura cando lles apeteza. Adquiriuse tamén unha silla mecedora para favorecer a calma, a comodidade e nalgúns casos o movemento repetitivo que precisa algún do noso alumnado para acadar a calma.


https://www.instagram.com/p/B4x5_qolr6C/?utm_source=ig_web_copy_link
 Pincha sobre a imaxe

https://www.instagram.com/p/B4yAAc7Cazv/?utm_source=ig_web_copy_link
 Pincha sobre a imaxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario