lunes, 13 de abril de 2015

O noso: Misterio na horta

A semana pasada limos o conto Misterio na horta da editorial Kalandraka e modificámolo! Inventamos unha nova historia a partires deste conto e logo debuxámolo!




lunes, 23 de marzo de 2015

O SENTIDO DO OLFATO E DO GUSTO

   
      Esta semana levamos a levar a cabo o taller olfativo e gustativo.
Para facelo collimos sustancias que se poidan ulir e probar, concretamente: allo, anís, menta, café descafeinado, canela e limón exprimido:


O primeiro que fixemos foi ulilos para coñecer cada un deles:


Logo probámolos para coñecer cómo saben:


E finalmente tapamos os ollos para recoñecelos. Un a un fumos ulindo os frascos e decindo o que pensabamos que era, para logo poñer a etiqueta có seu nome diante e ver así cantos acertamos:





  Ata semana que virá o sentido do tacto¡¡¡¡¡


TALLER SENSORIAL DA SORDEIRA

Para rematar có taller sensorial da sordeira, contamos coa visita dun papá do CRA que coñece a lingua de signos.

 Comezou presentándose en lingua de signos:


Falounos de distintos aspectos da vida dunha persoa sorda como por exemplo que poden bailar igual que as persoas ointes mediante a vibración dos sons, e fixemos a proba: poñer música no móvil e percibir a súa vibración:

Aprendimos as tres formas de comunicación: lectura labial (probando a entender o que dicimos sin falar só movendo os labios), lingua de signos ( aprendimos a decir nomes de animais, días da semana, números...)


E explicounos o sistema dactilolóxico, có que pintamos os signos do noso nome:

E probamos a decir cómo nos chamamos:


Con esta visita aprendimos a coñecer un pouco máis ás persoas sordas e polo tanto foi un luxo poder contar con ela!      Por iso: Moitas, moitas gracias Alex!!!

O SENTIDO DO OIDO



Esta semana estamos a levar a cabo a segunda parte do taller sensorial, adicado á sordeira.
Para comezar explicamos cómo se produce á audición:


Falamos de que hai diferentes grados de pérdida auditiva, das causas (como os ruidos moi altos e que polo tanto hai que tomar medidas como empregar cascos): 

Comentamos os aspectos a ter en conta como: non falar de espaldas ó neno sordo, non tapar a boca ó falar e facelo despacio para que poida facer unha lectura labial. Polo que fixemos a proba. articulamos palabras sen sonido para que adiviñaran o que decíamos!

Visualizamos un conto sen sonido para que viran que deste xeito non entendemos casi nada e así explicamos o uso de pictogramas e os subtítulos.

Coñecimos os audífonos (para persoas con restos auditivos) e os implantes cocleares (para os que non presentan restos de audición):


Así vimos un video da reacción dunha muller que escoitou a súa voz por primeira vez:



Tamén vimos os SUVAG que constan duns cascos e un micrófono para amplificar a nosa voz:


Coñecimos adaptacións para o fogar como un despertador lumninoso e un timbre luminoso:

 

E xa para rematar coñecimos a lengua de signos e aprendimos algun deles:


O SENTIDO DA VISTA

Para complementar o taller sensorial das clases de Audición e Linguaxe contamos coa visita de Carmen e Cristina da ONCE, gracias a ANPA do CRA.
De novo, moitas gracias por vir ás nosas escolas e acercar o mundo da ceguera ós nosos alumnos. Quedaron encantados e aprenderon máis sobre a diversidade e cómo poder axudar a unha persoa que non pode ver.
GRACIAS!!!


E aqui tedes o video que lles puxeron ós nenos para que comprobasen o dificil que é explicarlle unha cor a un neno cego: