Xa que estamos na semana do Samaín...aquí tedes un conto no que se explican algunhas cousiñas sobre esta festa.
CONQUISTAMOS ESTE ANACO DE TERREO DO MUNDO VIRTUAL PARA AMOSARVOS A ACTIVIDADE DA NOSA BIBLIOTECA,PORQUE AINDA QUE SOMOS CATIVOS DE IDADE,NON NOS DÁ MEDO NINGÚN COMEZAR AVENTURAS E NON HAI VIAXE MÁIS ALUCINANTE QUE O QUE COMEZA NAS LIÑAS DOS LIBROS. AGARDAMOS ENGANCHARTE¡¡¡¡¡
miércoles, 29 de octubre de 2014
miércoles, 22 de octubre de 2014
Libro viaxeiro 2014-2015
Este ano adicamos o noso libro viaxeiro ós distintos tipos de solo xa que o ano 2015 está adicado a eles e porque os proxectos do CRA xiran en torno ás hortas ecolóxicas.
Deste xeito os/as nosos/as alumnos/as levaranno para a súa casa e inventarán un pequeno conto que teña lugar no tipo de solo que escollan, xa que en cada libro aparecen diferentes solos.
Logo traerá o libro á escola para contarlle o conto que inventou ó resto da súa clase.
Aquí vense os diferentes solos que o compoñen.
Audiocontos
Este ano, igual que os anteriores, tamén estamos a levar a cabo as actividades da maleta e mochilas viaxeiras, pero con unha novidade: metimos nas mochilas viaxeiras un CD con audiocontos para desfrutar de pequenos contos dun xeito diferente...
Fundación Xosé Neira Vilas
Comezamos o curso cun agasallo moi especial. A Fundación Xosé Neira Vilas fixo unha doación de 6 lotes de contos para os/as nosos/as alumnos/as, un lote para cada unha das escolas do CRA, dos que xa estamos a desfrutar.
Moitas gracias!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)