miércoles, 14 de diciembre de 2016

NOVAS MARIONETAS

  Un dos xogos favoritos dos nosos alumnos é o de representar contos con marionetas. Ata o momento as que tiñamos eran as de Carapuchiña vermella e as dos tres porquiños:




  Pero agora contamos con tres marionetas novas que nos van permitir inventar moitos máis contos:
  • PAPANOEL:

  • UN REI:


  • E UNHA BRUXA:




martes, 6 de diciembre de 2016

GARAVANCIÑO

   Como o tema da biblioteca deste ano son as legumes, traballamos o conto de Garavanciño da editorial Kalandraka. Primeiro leímolo e desfrutamos das súas aventuras e logo debuxamos as escenas. E éste foi o resultado:


BOLECHAS NA REAL ACADEMIA GALEGA


O pasado xoves 1 de decembro os nosos alumnos de primaria e de 5 anos visitaron a Real Academia Galega para asistir á presentación da nova colección dos Bolechas sobre as Letras Galegas.





miércoles, 30 de noviembre de 2016

CONTOS VELLOS PARA RAPACES NOVOS

Desde o equipo de normalización lingüística traballaron un libro de Xosé Neira Vilas: Contos vellos para rapaces novos. Elexiron un dos contos de ese libro, Os tres irmáns e o vello sabio, e representárono:





CONTANDO EN FEMININO

   O 25 de novembro celebrouse o día internacional contra a violencia de xénero e por iso contamos cun taller de contos sobre a igualdade que foi por todas as escolas do CRA. Así contounos dous contos: ARTUR E CLEMENTINA e  A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES de Kalandraka.
 




jueves, 3 de noviembre de 2016

CARNÉS DA BIBLIOTECA

   Ó igual que nos cursos anteriores elaboramos os carnés da biblioteca para os novos alumnos e alumnas.


NOVO CURSO 2016-2017

    Como en cursos pasados desde a biblioteca xa estamos a levar a cabo a actividade da maleta viaxeira (que consiste nunha maleta chea de contos que estará en cada escola do CRA un mes) e a mochila viaxeira (que cada alumno levará para a súa casa unha semana).
    Ademáis comezamos a actividade do libro viaxeiro (un para cada escola), este curso sobre as legumes e no que cada alumn@ inventará un conto no que eles son os protagonistas e no que apareza unha legume.


jueves, 2 de junio de 2016

Fundación Neira Vilas

Hoxe 2 de xuño visitamos a Fundación Neira Vilas:













Ó chegar entregámoslle ó seu presidente un agasallo por parte do CRA:

Seguidamente contamos coa actuación de Chistian Magic, un mago facilitado pola editorial Vicens-Vives:

Pero os mestres do CRA tamén actuamos, representamos unha escena do rebusque de Balbino en Memorias dun neno labrego con sombras:
E para rematar a saída, visitamos o cemiterio para deixarlle unha flor a Xosé Neira Vilas:





miércoles, 20 de abril de 2016

Xogo de pesca

   Para completar a celebración do día do libro esta semana estamos a elaborar un xogo de pesca. 
   Primeiro cada alumno/a elexíu e pintou un debuxo dun animal das charcas impreso en cartulina. Logo colocámoslle un clip e fixemos a cana de pescar cunha brocheta, un anaco de lá e un clip semiaberto. 
   E listo!! A desfrutar pescando!!



   
                

jueves, 14 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO: VIDEOCONTO DAS CHARCAS

   O vindeiro 23 de abril é o día do libro e para celebralo, este ano decidimos crear un videoconto sobre as charcas, por ser éste o tema da biblioteca.
   Así, fai dúas semanas comezamos o proxecto: primeiro inventamos o conto e logo debuxamos e pintamos as personaxes e mais a charca, na seguinte semana convertimos as personaxes en marionetas pegándoas nuns depresores e para rematar gravamos os videos.
   Aquí tedes o resultado:


jueves, 31 de marzo de 2016

RODARIRRODARI

   O martes 15 de marzo volvemos sair a ver un espectáculo de Abanca. Desta vez un espectáculo musical no que nos contaron a historia do tranvía Leonardo, o primeiro tranvía a vapor de Galicia que facía o traxecto Marín-Pontevedra.
   Esta obra é un relato a cabalo entre a realidade e a fantasía, unha ficcionalización da historia que axudou a espertar a imaxinación e a creatividade dos nenos.
   Aprendemos ritmos de música popular e moitas cancións tradicionais ou coñecidas adaptadas a esta historia. E desfrutámola un montón, preparándoa, véndoa, cantando, bailando e aplaudindo a rabiar.




CONTO UDICOM

   Esta semana traballamos cun conto da páxina UDICOM. Primeiro limos o conto, logo repartimos os debuxos que o representaban a varios nenos para que finalmente os nenos que non tiñan debuxo colocaran ós seus compañeiros con debuxo por orden nunha fila e así montar o conto escoitado.
   Nas escolas de primaria complicámolo. Unha vez colocados os nenos cós debuxos do conto pedímoslles ós nenos que se descolocaran na fila e volvelo colocar, ésta vez sen axuda previa da lectura do conto.


miércoles, 9 de marzo de 2016

Actividade de lectura colectiva

   Na escola de San Xián, xa que hai unha aula de infantil e outra de primaria, levan a cabo sesións de lectura colectiva nas que os de primaria len contos ós nenos de infantil e logo á inversa.





AURORA

     O pasado luns 29 de febreiro fixemos unha saída ó auditorio ABANCA para desfrutar do espectáculo musical que mestura teatro de actor e videocreación: Aurora.
     Aurora é a historia dun aviador que perdeu á súa avoa e no viaxe que fixo para buscala atopouse coa raíña das curuxas, á que non lle gustaba o sol porque se queimaba, polo que o aviador quixo axudala. Ó final a raíña deuse conta de que non podía eliminar o sol e decidiu durmir polo día e vivir pola noite. O aviador regresou a casa sen esperanzas de atopar a súa avoa e alí apareceu ela.

















lunes, 29 de febrero de 2016

TALLER COEDUCATIVO

   A semana pasada contamos nas nosas escolas coa visita de Yoli, a psicóloga do centro de información á muller do concello de Boqueixón, que veu levar a cabo un taller coeducativo: Marea e Alén poñendo do dereito un mundo do revés.
   Primeiro, cós bonecos de Marea (unha nena) e Alén (un neno) tapados, foi ensinando fotos de prendas de roupa e complementos e preguntándo de quén pensaban que eran, colocando cada foto para un lado ou para o outro.


   Logo destapou os bonecos para comprobar os acertos e erros.

   O seguinte paso foi comentar porqué pensaron que a camisa rosa era a da nena ou o monopatín do neno.
   O taller rematou repartindo ás nenas broches con forma de camiseta azul e ó nenos broches con camisetas rosas.
 
   E por último sacamos unha foto cós protagonistas; Marea e Alén.




jueves, 18 de febrero de 2016

MOCHILA TEMÁTICA: AS CHARCAS

    Esta semana a mochila temática comezou a súa viaxe polo CRA cun lote de contos sobre persoaxes das charcas: rás, cágados, tartarugas...
    Os nenos de cada escola poderán desfrutar destes contos unhas 3 semanas e logo viaxará a outra das nosas escolas.



El papagayo pancho habla fatal y se queda tan ancho

    Conto da colección Terapicuentos que contamos nos talleres de estimulación da linguaxe.  Logo de leelo comentámolo para ver a importancia da correcta expresión oral e de non rirse dos que teñen algunha dificultade na fala porque tamén o acaban conseguindo.