CONQUISTAMOS ESTE ANACO DE TERREO DO MUNDO VIRTUAL PARA AMOSARVOS A ACTIVIDADE DA NOSA BIBLIOTECA,PORQUE AINDA QUE SOMOS CATIVOS DE IDADE,NON NOS DÁ MEDO NINGÚN COMEZAR AVENTURAS E NON HAI VIAXE MÁIS ALUCINANTE QUE O QUE COMEZA NAS LIÑAS DOS LIBROS. AGARDAMOS ENGANCHARTE¡¡¡¡¡
martes, 14 de junio de 2022
miércoles, 1 de junio de 2022
lunes, 9 de mayo de 2022
Día do libro
Durante o mes de abril levamos acabo tres propostas vinculadas co día do libro:
- Pedimos a colaboración das familias para que nos enviase un audio léndolles o libro favorito do seu fill@. Escoitámolos nas aulas e formarán parte dos fondos sonoros da nosa biblioteca.
- Cada escola elexiu o seu libro favorito, o que implicou moitas lecturas e consenso.
- En cada aula elaborouse unha chapa por alumn@ coa portada do libro selecionado.
Kit para elaboración de chapas
Seleción do noso libro favorito en cada escola
Elaboración das chapas coas portadas.
Teatro na escola de Camporrapado
Este curso as mestras teatralizamos "A pincesa vestida cunha bolsa de papel" para o alumnado o 25N xa que este foi o texto asiganado á aula polo equipo de biblioteca. Ao rematar a obra foron os propios nenos e nenas quenes asumiron os roles que alí se trataban apoiándonos nos principios do teatro do oprimido.
DÍA DO TEATRO
Aproveitando o traballo cos contos do recopilatorio "Contos vellos para rapaces novos" de Xosé Neira Vilas, realizouse nas escolas a teatralización do texto que están a traballar nas aulas.
lunes, 2 de mayo de 2022
SECIÓNS TEMÁTICAS
Desde a biblioteca elabóranse secións temáticas sobre aqueles aspectos que se están a traballar nas aulas, case sempre vinculadas ás diferentes conmemoracións. Facilitando así o traballo do profesorado.
8M na escola de Camporrapado
Durante este curso realizamos diferentes acción encamiñadas a dar visibilidade á figura da muller na sociedade, ás dificultades que tiveron e temos para atopar o noso oco e á necesidade de romper coas etiquetas. Para elo traballamos a figuras de varias mulleres en diferentes momentos do curso. Recollemos aquí todas as nosas aportacións.
Preme sobre as imaxes
Mulleres autoras
Mulleres na ciencia, Celia Brañas
8M: Sol Macaluso e os roles das mulleres nas guerras.
8M E SEMANA DA PRENSA
O burro de entroido
Continuamos no Cra coa idea de non deixar morrer as nosas tradicións. Coma todos os Entroido animamos ás familias a enviar un burro entroideiro cunha pequena copla invemtada por elas.
Día de Rosalía de Castro e da poesía
Preme sobre a imaxe
miércoles, 2 de marzo de 2022
Contos vellos para rapaces novos
Para manter viva a obra de neira Vilas no noso CRA, este curso traballamos con "contos vellos para rapaces novos". Cada escola escolleu un dos contos do recopilatorio e empregouse para conmemorar o mes de Neira vilas en novembro, o día da ilustración realizando a ilustración de cada conto e o día do teatro a través da súa representación na aula.