jueves, 24 de mayo de 2018

EXCURSIÓN VÍA DA PRATA

   Este martes fixemos unha saída para festexar o  "Pico de maio". Comezamos a andaina na capilla do Santiaguiño e camiñamos uns 3 kms pola vía da prata ata o centro de interpretación do Pico Sacro de Lestedo. Alí, desfrutamos das lendas do Pico e o apóstolo Santiago da man do noso mestre Antonio:


   Para logo volver a contar coa visita dun contacontos moi especial, Anxo Moure. Có que cantamos, bailamos e escoitamos contos variados. Ó remate deste contacontos o CRA agasallouno con dous "carballos con botas":



lunes, 7 de mayo de 2018

CORTOS PIXAR: El Puente

Nesta semana estamos vendo dous cortos de Pixar para traballar as emocións. Un deles é "el puente" có que falamos sobre o enfado:


E despois de velo e falar sobre el, cada un fixo un debuxo de cousas que os enfadan:







CORTO DE PIXAR: PIPER

O outro corto é "Piper", có que traballamos o medo:




 E logo de visualizalo e falar sobre el, cada alumno fixo un debuxo sobre cousas que lle dan medo:




DÍA DO LIBRO

   Este ano para festexar o día do libro, e dado que un dos temas sobre os que xira a biblioteca son os cómics, decidimos crear o noso propio cómic no que os protagonistas fosen @s nos@s alumn@s.
   Deste xeito pensamos o argumento. Ocorréusenos a idea dos enfados á hora de xogar. Así, o cómic titúlase: "O importante non é gañar" e nel vese como os nenos dunha escola gañan sempre e rinse dos que perden. Ata que na última escola os nenos que perden danlle un bico e as gracias por ir xogar con eles, dándose así conta de que o importante é pasalo ben e facer novos amigos.
 






   E para rematar, como cada ano, repartimos os marcapáxinas:


jueves, 1 de marzo de 2018

A nena e o grilo nun barquiño e A arte no cómic

   Hoxe todo o CRA fixo unha saída a Santiago xa que tiñamos duas citas. A primeira foi no Auditorio ABanca para desfrutar da obra "A nena e o grilo nun barquiño" de Magín Blanco. Con ela rímos coas diferentes aventuras da nena e un grilo á vez que desfrutamos coas cancións.


















  Ó saír do Auditorio dirixímonos á sede Afundación de ABanca para coñecer a exposición de Fundación telefónica "A arte no cómic" que recolle algunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics.


Explicáronnos que os cómics tamén son unha forma de arte:

E os materiais necesarios para crear un cómic:
Buscamos pola sala de exposición o cadro que nos ensinaban, a ver quen o atopaba primeiro:

E por último creamos o noso propio cómic con personaxes da historia da arte:







miércoles, 21 de febrero de 2018

CUERDAS

   A semana pasada limos o conto "Cuerdas" de Pedro Solís e logo visionamos o DVD. Deste xeito falamos e coñecimos a diversidade que nos rodea, nen@s "diferentes" que tamén teñen dereito a xogar coma os demáis, así como o valor da amizade.




lunes, 5 de febrero de 2018

PEPE. Conto sobre as emocións

   Éste conto tivo por obxetivo traballar as emocións ó tempo que comprendimos que non todos temos que ter a mesma emoción ante unha mesma situación.