CONQUISTAMOS ESTE ANACO DE TERREO DO MUNDO VIRTUAL PARA AMOSARVOS A ACTIVIDADE DA NOSA BIBLIOTECA,PORQUE AINDA QUE SOMOS CATIVOS DE IDADE,NON NOS DÁ MEDO NINGÚN COMEZAR AVENTURAS E NON HAI VIAXE MÁIS ALUCINANTE QUE O QUE COMEZA NAS LIÑAS DOS LIBROS.
AGARDAMOS ENGANCHARTE¡¡¡¡¡
Esta semana levamos a levar a cabo o taller olfativo e gustativo.
Para facelo collimos sustancias que se poidan ulir e probar, concretamente: allo, anís, menta, café descafeinado, canela e limón exprimido:
O primeiro que fixemos foi ulilos para coñecer cada un deles:
Logo probámolos para coñecer cómo saben:
E finalmente tapamos os ollos para recoñecelos. Un a un fumos ulindo os frascos e decindo o que pensabamos que era, para logo poñer a etiqueta có seu nome diante e ver así cantos acertamos:
Para rematar có taller sensorial da sordeira, contamos coa visita dun papá do CRA que coñece a lingua de signos.
Comezou presentándose en lingua de signos:
Falounos de distintos aspectos da vida dunha persoa sorda como por exemplo que poden bailar igual que as persoas ointes mediante a vibración dos sons, e fixemos a proba: poñer música no móvil e percibir a súa vibración:
Aprendimos as tres formas de comunicación: lectura labial (probando a entender o que dicimos sin falar só movendo os labios), lingua de signos ( aprendimos a decir nomes de animais, días da semana, números...)
E explicounos o sistema dactilolóxico, có que pintamos os signos do noso nome:
E probamos a decir cómo nos chamamos:
Con esta visita aprendimos a coñecer un pouco máis ás persoas sordas e polo tanto foi un luxo poder contar con ela! Por iso: Moitas, moitas gracias Alex!!!
Esta semana estamos a levar a cabo a segunda parte do taller sensorial, adicado á sordeira.
Para comezar explicamos cómo se produce á audición:
Falamos de que hai diferentes grados de pérdida auditiva, das causas (como os ruidos moi altos e que polo tanto hai que tomar medidas como empregar cascos):
Comentamos os aspectos a ter en conta como: non falar de espaldas ó neno sordo, non tapar a boca ó falar e facelo despacio para que poida facer unha lectura labial. Polo que fixemos a proba. articulamos palabras sen sonido para que adiviñaran o que decíamos!
Visualizamos un conto sen sonido para que viran que deste xeito non entendemos casi nada e así explicamos o uso de pictogramas e os subtítulos.
Coñecimos os audífonos (para persoas con restos auditivos) e os implantes cocleares (para os que non presentan restos de audición):
Así vimos un video da reacción dunha muller que escoitou a súa voz por primeira vez:
Tamén vimos os SUVAG que constan duns cascos e un micrófono para amplificar a nosa voz:
Coñecimos adaptacións para o fogar como un despertador lumninoso e un timbre luminoso:
E xa para rematar coñecimos a lengua de signos e aprendimos algun deles:
Para complementar o taller sensorial das clases de Audición e Linguaxe contamos coa visita de Carmen e Cristina da ONCE, gracias a ANPA do CRA.
De novo, moitas gracias por vir ás nosas escolas e acercar o mundo da ceguera ós nosos alumnos. Quedaron encantados e aprenderon máis sobre a diversidade e cómo poder axudar a unha persoa que non pode ver.
GRACIAS!!!
E aqui tedes o video que lles puxeron ós nenos para que comprobasen o dificil que é explicarlle unha cor a un neno cego:
Dende a clase de AL estamos levando a cabo un proxecto sensorial para comprobar o valor que teñen os nosos sentidos, que outras formas de leer hai, como se defende outra xente que carecen de algún deles e como nos libros podemos sentir moitísimas cousas
O primeiro taller que levamos foi sobre o sentido da VISTA.
Coñecimos cómo leen e escriben as persoas cegas, có Braille:
A máquina Perkins que empregan para escribir
Cómo se desprazan:
Os semáforos con pitido para que saiban que poden cruzar:
Que na casa temos Braille nos medicamentos:
Tamén nos ascensores:
Cómo saben a hora que é, con este tipo de reloxos ou con outros que teñen voz e din a hora:
Que poden andar en bici coma nós con un tandem:
E para rematar, tapamos os ollos e comprobamos o dificil que é pintar un debuxo sen ver nada. Só tocando o debuxo con relieve:
Como en anos anteriores, éste tamén levaremos a cabo a mochila temática, que contén varios contos relacionados có tema da biblioteca deste ano: as hortas!
Esta mochila viaxará de escola en escola cada 2 semanas para que todos os nenos teñan a oportunidade de velos!
O pasado 6 de febreiro tódolos nenos do CRA fomos ao Auditorio de Santiago a ver e escoitar un concerto da banda municipal de Santiago titulado: Música para contos.
A profe de música preparounos con antelación escoitando na clase algúns dos fragmentos musicais que iamos escoitar e falando dos contos aos que se lles compuxera esta música: Alladín, As viaxes de Gulliver e Tom Sawyer e Huckelberry Finn.
Había unha sorpresa! Sabiamos que habería un narrador pero non quen era: Paula Carballeira!!!
A banda interpretaba a música e Paula narraba os contos tan ben, tan ben que parecía que estabamos dentro das historias.
Unha marabilla!