Ainda que as nosas escolas están separadas conseguimos acurtar as distancias grazas a esta ferramenta que temos xa máis que integrada na nosa actividade diaria. A ver se vos gusta¡¡¡¡
CONQUISTAMOS ESTE ANACO DE TERREO DO MUNDO VIRTUAL PARA AMOSARVOS A ACTIVIDADE DA NOSA BIBLIOTECA,PORQUE AINDA QUE SOMOS CATIVOS DE IDADE,NON NOS DÁ MEDO NINGÚN COMEZAR AVENTURAS E NON HAI VIAXE MÁIS ALUCINANTE QUE O QUE COMEZA NAS LIÑAS DOS LIBROS. AGARDAMOS ENGANCHARTE¡¡¡¡¡
miércoles, 23 de noviembre de 2011
A lingua sabe a pan
Aí vos vai este video do CPI Virxe da Saleta que nos pareceu total e vai por diante os nosos para béns para os nenos/as e mestres/as do colexio.
martes, 4 de octubre de 2011
ABRIMOS UNHA NOVA VENTÁ¡¡¡¡
Pois claro que sí¡¡¡¡ Como non iamos ter no CRA un blog dedicado en exclusiva á biblioteca, a ese curruncho das aulas e da sede nas que pasamos moito tempo contemplando bonitas imaxes, mergullándonos en hitorias incribles, escoitando lendas fantásticas,... E por iso que dende hoxe inaguramos o blogue bibliotecario do CRA e dado que como temos nada menos que oito bibliotecas de aula e unha grande na sede, e ademáis biblioteca mobil,..., decidimos chamarlle CRATECA, unha mistura entre biblioteca e cra.
Aquí atoparedes información sobre actividades que estamos a levar a cabo, pero tamén intentaremos que sexa un sitio de encontro de páxinas de interese, vídeos, cancións,... que nos axuden entre todos/as a crear hábito de lectura entre os nosos nenos/as. Alá imos¡¡¡¡¡
"Lee e conducirás, non leas e serás conducido" Santa Teresa de Jesús
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


