miércoles, 3 de diciembre de 2014

O coello Puag

Como o tema da biblioteca deste ano son as hortas ecolóxicas... inventamos, debuxamos e gravamos este conto sobre un coello moi especial. Esperamos que vos guste...



domingo, 30 de noviembre de 2014

Conto sobre a diversidade

Esta semana vimos o conto: Por cuatro esquinitas de nada. Logo de velo falamos sobre as diferencias e de cómo poder axudar ás persoas "diferentes" que nos rodean.


miércoles, 12 de noviembre de 2014

O MAGOSTO NO CRA

Este ano festexamos o magosto de novo en Sarandón. O primeiro que fixemos foi desfrutar dunha actuación de CONTACONTOS que lle temos que agradecer á editorial Vicens-Vives e que estivo moi, moi ben! Pasámolo xenial escoitando os dous contos que nos representaron e quedamos con ganas de repetir!





E logo do Contacontos entregamos os premios aos gañadores do concurso de cabazas do Samaín! Uns contos super chulos tanto para os gañadores de infantil coma para os de primaria.







miércoles, 29 de octubre de 2014

Samaín - A aventura de Nera

Xa que estamos na semana do Samaín...aquí tedes un conto no que se explican algunhas cousiñas sobre esta festa.

Os nosos carnés da biblioteca

Como cada ano, elaboramos os carnés da biblioteca para os/as novos/as alumnos/as de 3 anos do CRA.