jueves, 23 de abril de 2015

Día do libro!!!



Este ano para festexar o día do libro decidimos elaborar un conto magnético. 
Cada escola elexiu unha paisaxe e logo debuxou as personaxes para dita paisaxe. Plastificámolo e usando Blu tack conseguimos que as personaxes se peguen en calquera lugar da paisaxe, creando así un conto diferente cada vez.






miércoles, 22 de abril de 2015

Canta a lúa coas estrelas: Isabel Albela

A semana pasada contamos coa visita de Isabel Albela, a ilustradora do conto Canta a lúa coas estrelas.


Explicounos cómo fai as serigrafías e cómo fixo para ilustrar o conto:


E logo fixemos a proba para elaborar as nosas serigrafías:


Primeiro botamos pintura:

Logo extendímola:

                                 
 E o quitar a plantilla...listo!


Finalmente pintamos os nosos debuxos mentras escoitábamos as cancións do conto:



Moitas gracias Isabel!!!!


lunes, 13 de abril de 2015

O noso: Misterio na horta

A semana pasada limos o conto Misterio na horta da editorial Kalandraka e modificámolo! Inventamos unha nova historia a partires deste conto e logo debuxámolo!




lunes, 23 de marzo de 2015

O SENTIDO DO OLFATO E DO GUSTO

   
      Esta semana levamos a levar a cabo o taller olfativo e gustativo.
Para facelo collimos sustancias que se poidan ulir e probar, concretamente: allo, anís, menta, café descafeinado, canela e limón exprimido:


O primeiro que fixemos foi ulilos para coñecer cada un deles:


Logo probámolos para coñecer cómo saben:


E finalmente tapamos os ollos para recoñecelos. Un a un fumos ulindo os frascos e decindo o que pensabamos que era, para logo poñer a etiqueta có seu nome diante e ver así cantos acertamos:





  Ata semana que virá o sentido do tacto¡¡¡¡¡


TALLER SENSORIAL DA SORDEIRA

Para rematar có taller sensorial da sordeira, contamos coa visita dun papá do CRA que coñece a lingua de signos.

 Comezou presentándose en lingua de signos:


Falounos de distintos aspectos da vida dunha persoa sorda como por exemplo que poden bailar igual que as persoas ointes mediante a vibración dos sons, e fixemos a proba: poñer música no móvil e percibir a súa vibración:

Aprendimos as tres formas de comunicación: lectura labial (probando a entender o que dicimos sin falar só movendo os labios), lingua de signos ( aprendimos a decir nomes de animais, días da semana, números...)


E explicounos o sistema dactilolóxico, có que pintamos os signos do noso nome:

E probamos a decir cómo nos chamamos:


Con esta visita aprendimos a coñecer un pouco máis ás persoas sordas e polo tanto foi un luxo poder contar con ela!      Por iso: Moitas, moitas gracias Alex!!!