martes, 2 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Aquí tedes as recomendación de lectura para o verán que vos facemos desde o equipo de biblioteca.
Pincha sobre as imaxes para velo ampliado.
Todos eles están á vosa disposición durante o curso na nosas bibliotecas.
Preguntade por eles!



PLASTICMONSTERS

Outra das propostas deste curso para colaborar no proxecto de Voz Natura foi a elaboración de plasticmonster. Actividade que se ía desenvolver no terceiro trimestre coa colaboración das familias. Debido á situación actual tivemos que facer algunhas modificacións á proposta inicial, que era fotografiar residuos directamente da contorna, polo búsqueda de fotografías alusivas en internet. Logo cada familia adaptouno un pouco ás súas posibilidades, houbo quen recolleu residuos cando ía cara o traballo e logo fixeron un monstro tridimensional, quen sacou fotos volvendo do traballo...









Pincha sobre as imaxes


https://www.instagram.com/explore/tags/plasticmonstercampo1920/

lunes, 18 de mayo de 2020

15 ANOS DE LIX GALEGA

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1293
Pincha na imaxe para ver a selección de literatura infantil e xuvenil en galego elaborada pola asesoría de bibliotecas coas aportacións dos centros galegos.

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

 Pincha sobre a imaxe para aceder á visita virtual a diferentes museos da Galicia.

https://museos.xunta.gal/es/visitas-3d-museos

miércoles, 13 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS: RICARDO CARVAHLO CALERO

Podedes escoitar aquí o conto que seleccionamos para traballar teatralizado o día internacional do teatro. Coas ilustracións da edición do mesmo na editorial Embora.

TRABALLANDO A LINGUAXE VISUAL A TRAVÉS DA FOTOGRAFÍA

Pincha sobre as imaxes


https://www.instagram.com/p/B3m2ajeFgNf/?utm_source=ig_web_copy_link

RECATALOGACIÓN E REUBICACIÓN DE FONDOS

Unha das principais tarefas que se levou a cabo este curso na biblioteca foi a recatalogación e reubicación de fondos. O cal implicou o peche da biblioteca central desde outubro ata a actualidade.
Neste proceso levouse a cabo en primer lugar o expurgo de fondos deteriorados e/ou desfasados. E posteriormente a recatalogación de toda a biblioteca e tellolado da mesma.
Anteriormente a nosa biblioteca estaba organizada por editoriais, na actualidade a distribución depende da tipoloxía textual, tomando como referencia os códigos da CDU. E a colocación nos andeis será por orde alfabético das tres primeiras letras do apelido do autor e tres primeiras letras do título.
Esta reorganización facilita a búsqueda de fondos e a diferenciación das funcións dos tipos de textos.
Outro dos elementos que introducimos na recatalogación foi a inclusión de materias, que nos permite unha búsqueda rápida de fondos por temática.


















Estado actual da biblioteca