CONQUISTAMOS ESTE ANACO DE TERREO DO MUNDO VIRTUAL PARA AMOSARVOS A ACTIVIDADE DA NOSA BIBLIOTECA,PORQUE AINDA QUE SOMOS CATIVOS DE IDADE,NON NOS DÁ MEDO NINGÚN COMEZAR AVENTURAS E NON HAI VIAXE MÁIS ALUCINANTE QUE O QUE COMEZA NAS LIÑAS DOS LIBROS. AGARDAMOS ENGANCHARTE¡¡¡¡¡
martes, 14 de junio de 2022
miércoles, 1 de junio de 2022
lunes, 9 de mayo de 2022
Día do libro
Durante o mes de abril levamos acabo tres propostas vinculadas co día do libro:
- Pedimos a colaboración das familias para que nos enviase un audio léndolles o libro favorito do seu fill@. Escoitámolos nas aulas e formarán parte dos fondos sonoros da nosa biblioteca.
- Cada escola elexiu o seu libro favorito, o que implicou moitas lecturas e consenso.
- En cada aula elaborouse unha chapa por alumn@ coa portada do libro selecionado.
Kit para elaboración de chapas
Seleción do noso libro favorito en cada escola
Elaboración das chapas coas portadas.
Teatro na escola de Camporrapado
Este curso as mestras teatralizamos "A pincesa vestida cunha bolsa de papel" para o alumnado o 25N xa que este foi o texto asiganado á aula polo equipo de biblioteca. Ao rematar a obra foron os propios nenos e nenas quenes asumiron os roles que alí se trataban apoiándonos nos principios do teatro do oprimido.
DÍA DO TEATRO
Aproveitando o traballo cos contos do recopilatorio "Contos vellos para rapaces novos" de Xosé Neira Vilas, realizouse nas escolas a teatralización do texto que están a traballar nas aulas.











