domingo, 20 de enero de 2013

CONTO CHIRIVÍ DE BLANCANEVES

 
       Esta semana imos ver o conto chiriví de Blancaneves. Consiste en contar primeiro o conto lendo só as palabras entre paréntesis, xa que son as correctas, e unha vez rematado, leelo de novo pero esta vez dicindo só as palabras en maiúsculas que son os erros. 
       Así, os rapaces e rapazas teñen que decir qué é o que está mal. Recoméndase ir parando o conto en cada páxina para dar tempo ós nenos e nenas a pensar o que está mal e logo responder. 
        Esta actividade gústalles moito e pásano moi ben polo que podédelo facer tamén con calquera outro conto que teñades na casa. A desfrutar cós contos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario