O día 26 de abril conmemorouse o Día do Libro e, malia que a literatura está presente na nosa escola a cotío, quixemos realizar unha homenaxe especial.
Recibimos unha postal da, xa coñecida, peregrina Exeria, onde nos dicía que chegara a Santiago e, unha vez alí, rematara de ler o libro que a acompañara durante todo o traxecto; explicándonos os sentimentos que nela espertara esa lectura. E, para a nosa sorpresa, comunicounos que nos próximos días nos mandaría un agasallo ao centro: nada menos que diferentes contos, con diferentes recursos materiais, para disfrutar deles e compartir co resto de escolas do CRA rotándoos.
Xa o recibimos! Con este material viña un mapa co nome e imaxe de todas as escolas para que nós deixáramos a nosa pegada explicando que nos facía sentir o conto. Deste xeito, cando os contos roten coñeceremos que lles suxeriu nas outras escolas, conectándose a través das maxia dos contos.
Os libros escollidos por Exeria foron: Elmer, Madrechillona, Cocorico, A Eiruga Comellona, Un becho extraño e Os tres porquiños.
E como non, non podemos rematar esta
entrada sen un “colorín colorado o camiño
foi acabado”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario